15 dic 2009
Pedalada contra o cambio climático
Este sábado pola mañá achegámonos dende ESF á pedalada organizada pola Rá! (Rede Anticapitalista Galega, á que ESF pertence) contra o cambio climático. Este acto realizouse ao mesmo tempo que outros moitos en moitas partes do mundo coincidindo co Cumio de Copenhague, onde os que se reparten o pastel do mundo (e algún que outro máis) están a falar destes temas. A intención deste acto é pedir que estas conversas, e tamén as nosas reflexións, non caian en saco roto e tomemos medidas dende incluso o miúdo da vida sen deixar de esixilas aos niveis máis altos.
Podedes ver o manifesto que se leu e a reseña no blog da Rá.
Como anécdota: o que presta darse un paseíño en bici por Compostela, co solete (aínda que frío) que ía! Foi a mani - concentración máis relaxante á que teño asistido, acompañados só dos ruídos das bicis (os coches moi respetuosos ían ao noso ritmo) e dos timbres e bucinas. Todo un paseo para pensar no bo que sería... (aquí cada un que poña esa reflexión que nos de forzas para "seguir pedaleando").
Algunhas entradas nos medios:
Galicia Hoxe
Xornal de Galicia
Vieiros
Autora: Nati (aínda que ahí abaixo poña Sergio)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario