Aínda que xa pasaron uns días non debemos esquenzer que, aínda que ese ano non fixemos nada en especial para conmemorar este día, os cimentos desta nosa asociación, o seu motor, é a base social e, en especial as persoas voluntarias, sen as cales non sería posible facer todas as actividades que se levan facendo en ESF... asique a todos GRACIÑAS!
se somos o que somos, se chegamos a onde chegamos é grazas as PERSOAS VOLUNTARIAS.. (sen esquencernos dos contratados, que máis dunha vez realizan traballo voluntario)
E como xa se dixo nas presentacións de ESF de inicio de curso: unha pedra, dúas pedras, tres pedras, non deixan de ser un montón de pedras pero se as unimos e lle damos o deseño axeitado podemos ter unha ponte, unha ferramenta que facilita a comunicación. E eso é o que é o voluntariado, o punto de unión de distintas realidades, dos máis desfavorecidos cos máis afortunados, o punto de encontro da sociedade cas ONG's, ... e nesta ponte composta por pedras de distintos tamaños e formas, todas son importantes, todas cumplen a súa función para manter esa estructura, e por moi pequena que sexa a pedra é igualmente importante e ten a súa fundamental contribución...
Aí vos queda un vídeo para que poidades ver unha definición de voluntariado... (Dádelle volume que está grabado moi baixiño)
Grupo Voluntariado
4 comentarios:
Orgullosa de ser voluntaria,...e muito maís de selo de unha organización como ESF Galcia!!
qué bonitas y ciertas palabras Patri! =)
En ESF o voluntariado é todo un exemplo de implicación, de forza para o cambio, e de que a cooperación sí se fai aquí!
Publicar un comentario