27 ene. 2010

Charla de Enxeñería sen Fronteiras no colexio Peleteiro

O colexio Peleteiro convidounos a participar nun ciclo de conferencias para rapaces de secundaria que teñen como eixo central as tecnoloxías. María Cives, profesora do centro, e organizadora das xornadas, contactou con nós para que aportaramos a nosa visión sobre as consecuencias das tecnoloxías da información, en contraste có resto das conferencias nas que se falou dos mercados das novas tecnoloxías, as novas tecnoloxías e o marketing ou como funcionan a televisión e a radio, entre outros temas.
A conferencia será mañá, 28 de xaneiro, ás 11:00. Xacobe, coordinador de Voluntariado de ESF e Iván, coordinador do Grupo de Sistemas da Información da sede de Coruña serán os encargados de levar a charla que vai ter os seguintes contidos:
A TECNOLOXÍA COMO FERRAMENTA PARA O DESENVOLVEMENTO HUMANO
  • A tecnoloxía como ferramenta para o desenvolvemento humano. Concepto de Tecnoloxía Apropiada.
  • Oportunidades e ameazas das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. A ponte tecnolóxica e a fenda dixital.
  • O software libre e os estándares abertos como exemplos de tecnoloxías para o desenvolvemento humano.

Esta é unha das nosas primeiras experiencias fora do ámbito universitario e seguro que aprenderemos moito dela.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

hola podriais pasarme la direccion del video de youtube que enseñasteis en la charla donde se ve como funciona linux? Gracias.

Iván Lago. dijo...

Por suposto que cho pasamos querido anónimo. Eu son Iván, o poñente. O vídeo é http://www.youtube.com/watch?v=_ImW0-MgR8I e podes descargarte todos os contidos da charla en http://www.megaupload.com/?d=DK17IV06
Alégrome moito de que vos gustase:) Unha forte aperta.

Sergio dijo...

E ao final cantos alumnos estaban, 120?

Iván Lago dijo...

E por ahí habería si...

Anónimo dijo...

Moitas grazas a verdade e que esta moi ben graciñas. Chamome Miguel jeje.