"O Estarivel" non é descoñecido para case ningún de nós e tampouco é descoñecida a problemática que leva arrastrando desde que se retomou esta segunda etapa: a escasez de xente. Aquí vai unha breve descrición sobre o tema. Animádevos a participar!!
O boletín "O Estarivel" consta de artigos e reportaxes sobre a realidade doutras sociedades, os proxectos de ESF no Sur, datos informativos e comparativos para poder avaliar a xustiza ou inxustiza de certas situacións, etc. Tamén avoga pola formación e a información dos lectores, animándoos á participación en actividades de carácter instrutivo ou simplemente ilustrativo sobre temas de proxectos, tecnoloxía, cooperación, comunicación, etc.
Actualmente o Estarivel apenas conta con xente para sacalo adiante. Fan falla voluntarios tanto para o Consello Editorial como para colaborar en redacción, maquetación,…
De seguido adxúntase un resumo destas tarefas a desenvolver:
· Recompilación da información necesaria, redacción de cadanseus artigos e seccións,… é dicir, elaborar desde a calidade as diferentes seccións do boletín.
· Tradución: os artigos deben ser escritos en galego así que esta labor consiste máis ben en releer os textos e corrixir os posibles erros.
· Maquetación e deseño con Corel ou Photoshop: debido a experiencias anteriores escóllense estes programas por seren os maiormente aceptados nas imprentas e por dar unha calidade axeitada.
· Tramitar subvencións: estar pendente das convocatorias e solicitalas. No caso de ser concedidas tamén se encargará de confirmar a aceptación.
2 comentarios:
eih! que chula quedou a entrada! agora a ver se conseguimos reflotar esta publicación!
eiii! non pode ser!!! Eu recomendo a todos e todas participar... é unha actividade moi chula!!
Publicar un comentario