11 ene. 2010

Constitución FIARE GZ

O vindeiro sabado 16 de xaneiro celébranse os actos de constitución do proxecto FIARE GZ no colexio La Salle en Santiago de Compostela. Pola mañá 10.00 celebrarase a Asamblea Constituinte e actos de información dirixidos a asociacións  e membros da prensa. Logo pola tarde sobre as 16.00 haberá un acto aberto de formación, no que participará o director de fiare.

A orde de dos actos é a seguinte:
  • 10.00 Acto de constitución (Colexio La Salle).
  • 12.45 Rolda de prensa (Galería Sargadelos).
  • 14.00 Xantar compartido (Colexio La Salle).
  • 16.00 Charla aberta (dirixido a calquera persoa ou colectivo)(Colexio La Salle)

O proxecto Fiare Gz nace despois de varios encontros con responsables de Fiare promovidos por AIS “O Peto”. As asociacións comprometidas a finais de 2009 son: ADEGA, AIS “O Peto”, Altermundo, ARELA, Asociación Amarante, Colexio La Salle-Santiago, Coordinadora Galega de ONG's para o Desenvolvemento, Enxeñería sen Fronteiras, Fundación Taller deSolidariedade, Panxea, unha asociación vinculada á Parroquia Inmaculado Corazón de María de Vigo, Parroquia Cristo da Victoria de Vigo, Sindicato Labrego Galego, Solidariedade Internacional, Verdegaia.


Fiare ten como obxectivo a creación e consolidación dun sistema estatal de BANCA ÉTICA que se constitúa en ALTERNATIVA ELIXIBLE pola cidadanía e que actúe significativamente pola transformación do sistema financeiro, aliñándose con aquelas entidades que xa están traballando no ámbito da ECONOMÍA SOLIDARIA, mediante:
  • Intermediación financeira ao servizo da Xustiza.  
  • Transparencia informativa de todo o circuíto dos cartos.  
  • Funcionamento en mans dos movementos sociais.  
  • Carácter Non lucrativo.  
  • Inserencia no sistema financeiro. 
A BANCA ÉTICA é unha proposta de intermediación financeira que persegue a transformación social, polo que os seus labores de captación de capital, investimento e préstamo realízanse desde unha filosofía integral e uns fins éticos ao servizo da xustiza.

Desde esta perspectiva, os obxectivos xerais de Fiare, como intermediario financeiro son:
  • Financiar actividades económicas que impliquen un impacto social positivo e transformador.
  • Ofrecer instrumentos de aforro e de investimento responsables.

Para consultar calquera información con respecto ó proxecto fiare pódese consultar a páxina web www.proyectofiare.com


    1 comentario:

    Chelo dijo...

    Muy buena entrada David!! Menudo estreno! porque es la primera verdad? A ver si me perdí alguna por ahí... jeje. Una pena que no pudiese ir a las 16.00... Ahora falta una con el resumen de la jornada...