8 ene 2010

RESUMO BLOGUEIRO MENSUAL: DECEMBRO 2009

CONTIDOS


-Blog Corporativo
-Blog Nicaragua
-Blog Honduras
-Outros blog en activo de ESF Galicia
-Outros blogs ISFeros
-Outros enlaces de interese
-Novas publicacións en papel
-E no próximo mes ...
-A ESFrase do mes


BLOG CORPORATIVO

Este mes infórmase sobre a celebración, na sede de Compostela, da primeira formación interna deste novo curso, así como daquela Formación de “Traballo en Grupo” que tivera lugar na Xuntanza celebrada o pasado mes de novembro.
Tamén se fai mención ao Día do Voluntariado (5 de decembro) agradecendo a tódalas persoas voluntarias de ESF a súa importante labor, xa que non debemos esquecer que sen elas non sería posible facer tódalas actividades que se levan feito.
No blog tamén se comunica a participación de ESF na “Pedalada contra o cambio climático” organizada pola Ra! (Rede Anticapitalista Galega, rede á que ESF pertence), coincidindo co Cumio de Copenhague.
E falando de redes... por unha banda, lémbrase a importancia do traballo en rede así como as redes concretas ás que ESF pertence e, por outra, móstranse os manifestos de duas iniciativas nas que ESF debería posicionarse xa que están en sintonía coas nosas actuacións (Iniciativa pola Soberanía Alimentar do Pobos e Alianza Galega polo Clima). 
Ademáis, unha interesante entrada que pretende facernos reflexionar sobre se a banca ética é compatible ou non co mercado de capitales.


BLOG NICARAGUA

Neste mes
no blog, que non tivo demasiado movimento este mes, os PCR (Anxo e Cristina) contan-nos tanto os lugares visitados coma as aventuras e desventuras vividas durante a viaxe que fixeron na súa semana de vacacións.
Ademais Anxo regala-nos unha entrada na que comparte con nós unha extensa reportaxe gráfica realizada na súa excursión polo Cañón de Somoto, pero non só iso… Tamén lembra-nos que aínda hai persoas xenerosas no mundo ;-)


BLOG HONDURAS


En decembro, o blog de Honduras tamén tivo pouca actividade…
O que podedes encontrar é o resumo das novas correspondentes á semana na que se celebraron as eleccións presidenciais (o pasado 29 de novembro).
Además, unha entrada sobre as Xornadas Internacionais de gvSIG nas cales explicouse, entre outras cousas, o contexto e os aspectos técnicos do proxecto que o Cartolab e ESF está levando a cabo para a xestión da información en Honduras.


OUTROS BLOGS EN ACTIVO DE ESF GALICIA

- Enerxías, estos meses estiveron máis parados, pero seguen organizando a campaña Apaga o Candil, iniciando un Proxecto Fin de Carreira no Sahara, e quen sabe se algunha cousa máis...
- Proxectos de El Salvador , co final dos proxectos de ESF Galicia nese país xa vai usándose menos, pero seguimos co vencello a ese país que tanto nos aportou.
- Asignatura de Cooperación da UDC, con comentarios sobre as clases e material que empregan nelas. Se buscades referencias bibliográficas, películas, etc. este é o voso lugar. Tralas vacacións de Navidade, dispostos a iniciar o novo curso (a asignatura é do segundo cuatrimestre, e sempre podedes asistir de oíntes...).


OUTROS BLOGS ISFEROS


- proxectos en Sahara. Iniciado por ESF Galicia, pero que agora xa é patrimonio de todo ISF, sendo "alimentado" por membros de Galicia, Aragón, Asturias, Castilla-León, etc.
- ISF Telecos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Telecomunicaciones de Madrid.
- ISF Aero, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería Aeronáunica de Madrid.
- ISF Caminos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Caminos de Madrid.
- Grupo universitario de Ciudad Real, de ISF ApD. Blog do grupo universitario de Ciudad REal.
- ESF Catalunya. Blog corporativo dos compañeiros de ESF Catalunya.
- ISF Andalucía en Perú
- ISF Andalucía en Kenia
- ISF Asturias en Angola
- ISF Asturias, sección xuvenil.
- Twitter de ISF Asturias.
- Twitter de ISF ApD


OUTROS ENLACES DE INTERESE

Nikola Tesla. ENERXÍAS
Aprovecha tu nota de prensa para lanzar un mensaje. COMUNICACIÓN
Biblioteca digital del voluntariado y las asociaciones. VOLUNTARIADO
La agricultura campesina puede enfriar el planeta. SOBERANÍA ALIMENTARIA
Cooperación para el desarrollo en el aula: casos aplicados de tecnología para el desarrollo humano. TECNOLOXÍA PARA O DESENVOLVEMENTO HUMANO.
Desconocimiento sobre la desigualdad y escepticismo ante la cooperación. FILOSOFÍA DA COOPERACIÓN.
180Latitudes.org. Portal de África y América Latina. MUNDO

DESTACADO Alianza Galega polo Clima. REDES

Bicicletas y la rueda Copenhague.
TECNOLOXÍA PARA O DESENVOLVEMENTO HUMANO.
Foto-reporteros. Entrevista a Antonio Aragón Renuncio. FILOSOFÍA DA COOPERACIÓN
Reflexiones sobre campañas e incidencia política. FILOSOFÍA DA COOPERACIÓN
Ideas para la lectura crítica de los medios de comunicación. COMUNICACIÓN, PENSAMENTO CRÍTICO
Televisión para niños. CONSUMO RESPONSABLE. TECNOLOXÍA PARA O DESENVOLVEMENTO HUMANO.
Paraguay, los rumores de golpe acosan a Lugo. MUNDO
Ubunchu, en galego. SOFTWARE LIBRE
 

NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO (se vos interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podedes solicitalas para préstamo).

Claves para la Gestión del Voluntariado en las Entidades no Lucrativas. Fundación Luis Vives.


E NO PRÓXIMO MES ...

-Segunda semana de xaneiro: Lugo, reunión de re-organización da sede de Lugo
-Terceira semana de xaneiro: Comisión de Accións no Norte para seguir traballando sobre a formulación conxunta do programa de accións no norte de ESF
-Por determinar: Comisión de Programas de Coñecemento da Realidade.


A ESF-RASE DO MES

"Na historia, os sistemas sociais fallan, as máquinas fallan. Hai algo que
fai esquecer á xente".
Marilyn Whirlwind. Indíxena Tlingit da serie de ficción Doctor en Alaska.


No hay comentarios: