11 mar 2010

O Estarivel nº 15 - "La niña bonita"

O Estarivel nº 15 xa saíu á rúa.
.
Non foi sen tempo debido aos problemas de maquetación que tivemos. Sae có subtítulo de "A nena bonita" xa que, como todos os adictos ao bingo sabemos, ese número cántase moi ben, pero esta vez deunos tanta mala sorte como cando saíu o 13 ("mal número se non crece", que dicimos os bingueiros) e non é por superstición...
.
Gracias á labor de Alberto, ao final solventouse este problema de maquetación, xa que nos adecuou o arquivo para que os da imprenta puidesen melloralo e imprimilo. De novo, gracias. Isto demostra a eficacia do traballo en equipo e das colaboracións espontáneas e solidarias.
.
Agora só queda esperar á Xuntanza desta fin de semana para saber se O Estarivel segue ou se lle poñemos punto e final á versión 2.0. En poucos días saberémolo! Admítense apostas.
.
Un saúdo,

7 comentarios:

tA dijo...

sei que os puntos eses entre parágrafos quedan fatal, pero non sei porque non me recoñece o espaciado entre parágrafos e ponmos todos seguidos :S
a informática éche cousa do demo...

Saúdos!

maría dijo...

noraboa pola publicación!!!
un bico

Patricia Iglesias dijo...

que ganas de telo entre as máns!! ;-)

Sergio dijo...

Qué guays que se desbloqueara o do problema de imprenta, era unha pena co choio que había detrás! Un exemplo perfecto de traballo en rede, unha charla en certo instituto de santiago... dada pola "caballería pesada"; alguén con ganas de traballar que foi "abducido"... Porque o GSI é máis que arranxar ordenatas!!!!

Patricia Iglesias dijo...

o outro día na asamblea olvidámosnos de darche as GRACIAS!!!!! polo peazo de curre que te metiches non só ca edición do estarivel, senon co empeño para que saira a diante!!!! Non sabemos que vai ser nos próximos meses desta fermosa publicación pero o que si sabemos é que ti puxeches todo e mais da túa parte para que seguira con vida!!!

GRACIAS Ta!

Sergio dijo...

Ademais pódense descargar dende o número 12 aquí

ta dijo...

Moitas gracias por mimarme (e polos consellos) ;)

pero tamén hai que lembrarse do Consello Editorial que, mentres funcionou, foi moi bo.