Xa o nome o di: Química, este foi un stand con Química, o último desta "Era de Stands" e que despois do mal trago de Bioloxía, e os altos e baixos do camiño... "En la facultad de Química nos trataron super bien, nos dieron una mesa enorme y hasta tablones para colgar todas nuestras cosas..." que como tamén di Chelo, cada vez é máis complicado ter un sitio no que nos colla todo o material que estamos tendo (o cal considero bo sinal ao mesmo tempo).
Foi coma un doce despois dunha comida amarga (agás o stand de Lugo)que nos deixou un bo sabor de boca, pois creo que foi un sitio onde a xente mostrou interés e incluso nos recordaban da Jaima do ano pasado, ou seguían as nosas convocatorias de PCR a través da páxina web e o blog.
Segundo Helena "Eu no tempo que estiven...ben!" e para Chelo "la experiencia en el stand fue muy motivadora". Decir deixandome levar pola profesión, que si conseguimos que unha actividade nos faga sentir motivados para seguir, e nos dea un pelin de enerxía ainda que teña traballo, é un seguro para que esa actividade non cese. O grupo de sensi-compos está descubrindo esa motivación, a cal se reflexa nos nosos ánimos contra as adversidades e as ganas que poñemos en cada actividade, en parte gracias tamén ao resto de persoas que nos rodeades e formades parte de ESF.
Xacobe e eu ata puidemos estudar Psicopatoloxía, atopamos con socios ESFeros que comentaron a "asamblea frustrada" e conseguimos correos de persoas interesadas.
Ademáis xa tiñamos o material novo do Curso TCPDH.2010 o cal promocionamos marabillosamente (esperamos que se notase), non sei si porque a coordinadora de sensi está tamén en EpD, se tivo algo que ver que o grupo de sensi daba unha charla nel, ou simplemente que o grupo de sensi mola e fai un bo traballo (esto é psicoloxía motivacional, para ter un bo autoestima e ánimos para traballar). Haberá tamén unha entrada para a nosa charla do curso.
Como di Helena, "a parte do soso do conserxe", nada máis que dicir salvo dar as gracias a Noe (moza de Xacobe) por axudar no traslado e montaxe do último stand e avisar de que para o ano presupostaremos un carriño de compra que neste caso Chelo cedeu para o transporte do material, pois a ETSE e Química non é que quedan preto...e cargar con 4 archivadores, a expo, a lona, as camisetas...pois...decidimos non facelo máis dende que Chelo e eu (María) o fixesemos ata matemáticas chovendo, e para devolvelo a ETSE con Xacobe, tamén chovendo...facedeme caso, non é bo eso para a motivación...nin para a saúde!
saúdos!
1 comentario:
"Caminante no hace camino" pero vós fixéstelo, forxastes un gran proxecto, un gran grupo, e o importante é chegar a meta, aínda que as veces pasen cousas imprevistas, é o que ten.. son factores externos jeje
Publicar un comentario