16 abr. 2010

A nova coordinadora de Compos estrénase!



Pois o mercores pasado, a nosa nova coordi, Elena (aínda que por Santiago preferimos chamala Elenita) estreouse na súa primeira reunión de sede, ca asistencia do Excelentísimo Presidente, que xa é algo de Compos tamén.

E por certo, aínda que somos boa xente e non soemos dar problemas, non lle resta mérito a que levara moi ben a reunión, con talante!

Dato curioso case parecía máis unha reunión de coordinadores que de grupos, aquí case todo o mundo é voluntario de 2 grupos e dun deles é coordinador ou vogal en X.D!

E para variar rematamos fora da ETSE, nin o frío pode cas nosas post-reunións!

1 comentario:

maria dijo...

moi ben feito helena!
pouco a pouco seguro que lle colles soltura á cousa!
un bico e mooooitos ánimos!