27 abr 2010

Chara no IES de Valga

O pasado 25 de marzo Inés Mera e eu fomos ao IES de Valga (na provincia de Pontevedra) para dar unha charla ("Acceso á auga como dereito universal") aos alumnos de 1º e 2º de ESO. Os rapaces amosáronse participativos (especialmente os máis novos!!),e foi divertido ver as "estimacións" de consumo e gasto que facían... cremos que sabemos canta auga usamos pero ás veces non é así!


A idea da charla xurdiu dunha profesora do centro, como actividade dentro dun programa Axenda 21, no que os alumnos levan todo o curso traballando cunha temática central: este ano foi a auga pero en anos anteriores traballaron sobre consumo responsable e xa tiñan outras cousas en mente! Houbo representacións teatrais, exposicións sobre medio ambiente, disfraces... até tiñan unha mascota!! Encantounos ver como nun centro educativo se tratan temas de interese dunha forma tan amena e creativa. De feito, a participación de ESF quedou inmortalizada cunha entrevista feita por varios alumnos do centro para un certame organizado polo xornal El País.




Quedamos encantadas de poder facer a nosa aportación a unha actividade tan chula, até a próxima!!

No hay comentarios: