28 abr 2010

Unha Jaima Saharauí no Campus Vida Compostelá!!

Boas a Todos!!

Dende o Grupo de Sensibilización Sahara Compostela, temos o pracer de anunciarvos que os días 4, 5 e 6 de Maio colocaremos unha Jaima saharauí no Parque do Seminario de Estudos Galegos (diante da facultade de farmacia) do Campus Vida Compostelano (antigo campus sur) por 2º ano consecutivo.

Decirvos dende aquí que... ESTADES TODOS INVITADOS A VIR!!

Durante ditos días estaremos dispoñibles ó longo de todo o día, pero queremos recalcar que o día 5 terá lugar a reunión de Sede de Compos na jaima así que é unha boa oportunidade para reunirnos, pois a Jaima é un lugar para o encontro.

Recalcar como puntos fixos do horario da Jaima as seguintes actividades:

Día 4
12:00 - Ignauguración.
“Solidariedade Galega co Pobo
Saharahuí”
que será no Salón de Actos da Facultade de Farmacia e á cal acudirán diversas personalidades para facer a Rolda de Prensa.
20:00 - Obradoiro de Henna. “Sisel”

Día 5
20:00 - Contacontos para adultos. “A
Tropa de Trapo”


Día 6-
13:00 Curso de Árabe Básico.
16:00 - Palesta de Santiago Jimenez.
“Observatorio Internacional para o
Sahara Occidental da USC”


Teredes a oportunidade de atoparvos con xente de ESF, de coñecer a cultura saharauí e a problemática que acontece en Sahara Occidental, e de pasar un bo rato nunha zona relaxada.

ESPERAMOSVOS!!!
seguro que pasades unha agradable velada con moitas risas!!!


Grupo de Sensibilización Compostela.

No hay comentarios: