31 may 2010

FIN DE CURSO - FIN DUNHA ETAPA

O pasado xoves 27 de maio, tivo lugar a última reunión do Grupo de Epd - ICD por este curso.

Para poñer en práctica a nova idea experimental instaurada pola nosa compañeira e ilustrísima coordinadora de sede da Coruña, Paula; procedeuse a facer unha reunión-cea-vertebrativa na que participaron tódolos integrantes do grupo (Alfonso, Juan, Ricardo, Paula, Sandra, María e Roi) e onde se analizou o máis salientable do curso.

Entre mesa e mantel, fixéronse as valoracións correspondentes e personalizadas para cada alumno en función da súa participación e implicación nas respectivas actividades e dinámicas de cada clase, considerando tamén a calidade das prácticas entragadas e a actitude e interés mostrados ao longo do curso.
Podemos indicar que en termos xerais, estamos bastante satisfeitos e contentos co desenvolvemento xeral do curso e consideramos que se cumpriron as espectativas e obxectivos do mesmo, inicialmente plantexados (ver entrada Blog ICD).
A propósito do Blog de ICD, indicar que sobrepasou as 3000 visitas!!! (ver contador) e o Facebook de ICD conseguiu máis de 100 agregados, ademáis algunha das sesións tivo repercusión na prensa e conseguimos que publicaran algunhas das notas que enviabamos (ver recortes) ... en fin, penso que non está mal. Ademáis, conseguimos "reclutar" a posibles novos voluntarios que poderán integrarse nalgún dos grupos próximamente.
Por outra banda, e xa no que se refire ao grupo de EpD - ICD en concreto, os 7 integrantes que o conformamos este ano, temos que dicir que tamén nos sentimos moi satisfeitos do traballo realizado, o nivel de organización, preparación e vertebración interna funcionou como esperabamos e o traballo en equipo realizado entre todos, proporcionou unha sensación de unidade que nos permitiu contribuir ao crecemento e aprendizaxe persoal de cada un de nós e como colectivo.
Tamén queremos deixar constancia de que este ano fixéronse gran cantidade de cousas en colaboración con outros grupos de ESF. Dende unha formulación conxunta e case a distancia entre varias sedes e grupos así como a participación en actividades doutras sedes. Feitos que contribúen a que este ano sexa recordado de xeito moi especial e inesquecible para moitos de nós, e agardamos que tanto os que continúen como os que se incorporen, prosigan nesta dinámica de vertebración conxunta para que o funcionamento de ESF como "asociación" se vexa cada vez máis fortalecido.
Ademáis, esta reunión-cea-vertebrativa serviu de despedida do que foi coordinador do grupo durante todo este ano, Roi; quen considera que, como case todas as cousas desta vida teñen fin, neste caso tamén chega o momento de dar por rematada esta etapa e deixar paso ás novas xeracións que veñen pisando moi forte. De tódolos xeitos, as súas funcións quedan en moi boas mans, as de Juan, que asume o cargo con moitas ganas e a ilusión que lle que proporciona esa savia e forza nova que posúe acompasada coa tranquilidade reflexiva que desprende. Dende aquí desexámoslle o mellor, como non podía ser doutro xeito.
O traspaso de poderes escenificouse mediante a entrega do libro oficial da asignatura e co intercambio da chapa de "scheriff" de ICD (que pasou a lucir con orgullo o novo coordinador), todo elo, ante a atenta e sorprendida mirada dos demáis integrantes do local hosteleiro no que nos atopabamos.
Con esta rexeneración de cargos, o grupo de EpD - ICD deberá enfrontarse aos novos retos futuros que se plantexan (a curto e longo prazo) na asignatura. As novidades da nova etapa irémolas coñecendo pouco a pouco, pero xa podemos avanzar que moitas delas presúmense ilusionantes, pero tempo haberá para comentalas polo miúdo.
Por último, mencionar que o brinde final tamén serviu para festexar o cumpreanos de Alfonso a quen desexamos que siga impregnándonos esas ganas e ilusión permanente que posúe. Estamos seguros que seguirá dando moita "guerra" a todos, que se preparen as novas xeracións!!!
Así pois, ... fin de curso ... fin dunha etapa ... pero comezo doutra.
Que non nos falte a ilusión!!!
Unha aperta moi forte a todos.
PD.:Podedes ver o resto das fotos da reunión-cea-vertebrativa AQUÍ

6 comentarios:

Quique dijo...

Enhorabuena chicos y chicas. El trabajo en la asignatua mejora año a año y este ha sido impresionante. Todos y todas lo habeis echo posible trabajando en grupo de forma alucinante, pero quiero felicitar especialmente a Roi que ha sido capaz de lidarar el grupo ejemplarmente y ha sabido crear un muy buen ambiente con un trabajo super profesional.

Genial chicas y chicos, genial!!!

Anónimo dijo...

Me uno a las palabras de Kike! enhorabuena chic@s!!! =) Se nota que sois un gran grupo!

Sergio dijo...

Chapó, grupo, y no sólo porque mantengais el mejor blog de ESF Galicia, jajajajaja. Habéis hecho un gran trabajo y da gusto ver la motivación y la seriedad con la que os tomais la organización del curso. Ojalá todos los profesores de la universidad fueran así...
El año que viene, más y mejor (con el nuevo coordi, habrá que poner una charla de Filosofía como TpDH... ;-DDDDDD)

Juan dijo...

non o descartes Sergio: TpDH como proceso cromático. Estou madurando a idea xd

Sabela dijo...

Qué guay chic@s, os merecéis un descanso por lo mucho que currasteis!!

Patricia Iglesias dijo...

que sepades que sodes un exemplo de bo facer para o resto de persoas que intentamos facer EpD, son tantos os motivos que nin os enumero... Graciñas!!!