14 may 2010

Jaima 2010, día 3: fin dunha era, comezo de algo grande

Esta entrada vai constar de dúas partes... Unha delas o ocorrido durante o día de Jaima, e a segunda, a desmontaxe da mesma.

Xoves, 6 de maio, último día da Jaima 2010 en Compostela. A primeira hora chegamos Chelo e eu para recolocar as cousas por última vez neste ano. Esperábamos unha mañá tranquila, pero con ganas de que a xente se acercase a nós.

Para este día tíñamos programadas dúas actividades de horario fixo, unha pola mañá (Curso de Árabe) e outra pola tarde (charla de Santiago Jiménez). Ó longo da mañá explicamos a problemática saharaui a todos aqueles que se acercaban a nós, recolocabamos algúns dos paus que o aire intentaba levantar e controlabamos a gasolina do grupo electróxeno para poder estar en comunicación e facer té. Nós seguíamos coas nosas actividades, e os medios de comunicación, que este ano responderon mellor á nosa chamada, e pola nosa parte pensamos que con mellor calidade, tamén nos seguiron ata o final. A primeira hora da mañá, entrevista en directo en RadioFusión:



Chegadas as 13 horas, deu comezo o curso de árabe a cargo de Abir, e simultáneamente unha degustación de té saharaui elaborado pola mesma que escribe estas verbas agora (teño que decir, que este ano, o 1º té saía realmente amargo!). Eso sí, todo acompañado dunha música de ambiente adecuada á situación, sen olvidar o noso gran hit, "estrella polisaria"(...una estrella polisaRRia me despertó...).



Mirade si resultou interesante, que dito curso de iniciación, que pretendía durar unha hora, se prolongou ata as 3 da tarde!

Houbo comida na Jaima e ás 4 comezou a charla de Santiago, unha grande persoa para nós e un amigo ó que sempre puidemos recurrir para consultar e aprender sobre o tema. Como sempre, si o ano apsado nos cautivara e tiveramos que frear a súa conversa por mor do obradoiro de Henna, este ano non houbo freno ningún e eran case as 19:30 cando Santi nos deixou.

Como anécdota para este día, decir que completamos o "tres en liña". Explícome. Si en días anteriores sensibilizáramos ós de prosegur, ó responsable da O.R.A., (xa son 2 fichas) o último día visitou os nosos arredores a Policía, así que lles demos un manifesto e confirmamos que todo estaba en orde (terceira ficha). Si é que o grupo de sensi, cando sensibiliza, faino ao grande! je

Despois da marcha de Santiago, fomos quedando sós na Jaima os membros do grupo de sensi, sentados relaxadamente, nun ambiente tranquilo, falabamos deses días e das nosas actividades, estaba claro que ainda que pensábamos que había que ir recollendo, ningún o expresaba, pero cando chegou Adela...chegou o sinal de que a Jaima 2010 chegaba á súa fin. Deron as 20h. e había que poñerse mans á obra para desmontar a Jaima e unha vez máis os membros da sede de Compos estaban alí para axudarnos: Adela, Ríos, Ana, Alba, Ali, Andrés, Patri, Cris... ata estaba o novo PCR Nica: Roberto Roget, que xa coñecíamos do Curso TCpDH. E os 4 sensibilizadores: Helena, Chelo, Xacobe e máis eu.

A verdade é que a recollida e traslado da Jaima dende o Parque ata a ETSE, foi toda unha experiencia (sobre todo o traslado). Non era a 1º vez, pois o ano pasado Xacobe e eu, coa axuda de Paula e Sabela (momento no que as coñecín ás 2, polo que como dixo Sabela cando chegou á Jaima "María, estamos de aniversario". Encantada de volvervos ver este ano!) xa a desmontáramos, pero non sei, este ano foi diferente, outro ambiente, máis colaboración, era unha actividade entre amigos, máis ca actividade dunha asociación. Vivimos momentos tristes vendo o derrube da Jaima, pero tamén momentos de moitas risas...

Outra das anécdotas ques e pode contar é que vivimos unha experiencia de "Rei Arturo". Por que? pois porque unha das piquetas se resistía a sair do lugar no que estaba clavada, e tras intentos pola miña parte, e pola de Adela, e algún máis... Só o "rei da Sede Compostelana"sería capaz de sacala...


Esperamos que pronto vos poidamos mostrar o "vídeo-documental" destes 3 días.
Unha vez que a Jaima estaba recollida e todo dentro da furgoneta, o encargado de conducila ata a ETSE sería Ríos, pero non iría só. O grupo de sensi, acompañado por Andrés como responsable de comunicación, non queríamos separarnos dela ainda e fomos tamén na furgoneta, pero... non acompañando a Ríos, senón na parte de atrás con cada un dos elementos que formaban a actividade destes tres días!

A verdade é que nunca pensamos que o camiño puidese ser tan longo e turbulento, pero debemos recoñecer que tampouco queríamos que parase...je E ainda que existen documentos gráficos desa viaxe no interior, non se mostrarán!

Unha vez descargado o material na ETSE decidimos continuar a tradición e abandonar o Campus Vida onde estivéramos vivindo durante 3 días, para continuar as nosas cunhas cañas e boas tapas, pero sobre todo, disfrutando da boa compañía!

Xa remataron as "grandes actividades"deste ano para sensi, cérrase unha era, pero está claro que algo grande naceu entre nós e con nós, pois nas nosas mentes está interiorizado o voluntariado ESFero e cada vez que nos reunimos, a nosa neveira de ideas conxela algo novo, sinal de que seguirá habendo cousas que facer xuntos!

"Arriba ESF, vivan os voluntarios!!!"

Si, falta a frase, pero é que houbo tantas!!!
Quizáis destacaría o diálogo:

"-Por que non levamos a Jaima a Ons en vez de levar tendas individuais?
-Si, e facemos a festa do pijama saharaui!"

E a frase: "lo que pasó en la furgoneta, se queda en la furgoneta".

Sodes libres de comentar as que vos acorden!! Eso si, as propostas de Arturo e a amiga de Chelo, mellor gardámolas para nós, os que as tiñamos que escoitar xa o fixemos mentras estabamos de cañas...

;)

Bicos a todos!

3 comentarios:

Sabela dijo...

Qué buen rollo transmiten estas entradas de jaima :)

Fiesta del pijama saharaui, jejeje

Sergio dijo...

Son geniales las entradas!! para cuando el manual de montar y desmontar la jaima?? jajaja

maría dijo...

jajajaja
q bo sergio, que bo, pero...todo a su debido tiempo...jajajajajajajajaja