O mellor:
- O caso de software libre.
- A charla de “ As novas perspectivas de desenvolvemento nas comunidades indíxenas”
- A charla de “O papel da agricultura no desenvolvemento no Sur”
- A charla da historia da colonización
- O caso de sensibilización co Sáhara
- A dinámicas nas que tivemos que participar, fixéronme pensar.Non sabía nada sobre cooperación internacional e creo que agora podo falar con propiedade e o máis importante, vin como funciona una organización de voluntariado, o que buscan , as súas metas. Hai xente con espírito aventureiro, cousa que me encanta.
- A dinámica na que falamos cos “representantes” da comunidade de Nicaragua.
- Que en xeral é bastante participativo.
- A aprendizaxe de importantes conceptos para a cooperación no desenvolvemento.
- Introducirse no tema da cooperación e ver as problemáticas mundiais.
- O bo clima que se moveu entre a xente
- Toda a aprendizaxe obtida, poder coñecer á xente e participar con eles nas actividades o que fixo no seu conxunto dunha experiencia moi positiva.
- A xente participativa
- A interconexión dos temas das charlas
- Coñecer a xente nova con diferentes puntos de vista
- A diversidade de conceptos
- Visión de futuro
- A liberdade de opinión e o debate.
- Os momentos café
- A comida
- A aportación de fotografías, vídeos…
- A experiencia persoal
O peor:
- O volume de aulas ligadas á rama técnica foi menor do esperado.
- O lonxe que queda a facultade
- A charla de “O modelo actual de desenvolvemento e a pobreza”
- A charla de “O modelo enerxético actual e alternativas”
- Que sexa en fin de semana
- A charla sobre “ a perspectiva de xénero”
- A charla de “Os movementos sociais no sur”
- Comezar ás 16.
- A charla de “Perspectiva de xénero na cooperación”
- As poñencias que foron demasiado teóricas e pouco dinámicas (perfectas para durmir)
- As charlas ideolóxicas propagandísticas con poñentes pouco preparados.
- Pouco rigoroso nos conceptos expostos na gran maioría das charlas
- Cando rematou o café de comercio xusto.
- Hai persoas que se excederon no tempo
- Moi repetitivo en moitos aspectos
- Notábase que en charlas o docente non sabía do tema e viña obrigado.
- O horario intensivo (8 horas ó dia)
- Pouco descanso entre charlas
- Madrugar un domingo
- Ter que levar traballo para casa.
- Chegar o curso sen durmir (coma hoxe)
No hay comentarios:
Publicar un comentario