30 ago. 2010

Auditorías e transparencia

Como parte do esforzo de Enxeñería Sen Fronteiras para mostrar o seu traballo do día a día, usando metodoloxías estándar aceptadas, como xeito de rendir contas tanto á base social como a calquer persoa que desexe acercarse a ver como traballamos, vense de superar por terceiro ano consecutivo a auditoría de contas (neste caso do 2009). Aquí se poden consultar os informes dende 2007 (hai que felicitar ao grupo de administración e tesouraría polo seu gran traballo!).

No caso das ONGD cobra especial relevancia este exercicio de transparencia polo papel que a sociedade lles outorga. E se quedades con dúbidas, preguntade, ou acercádevos a coñecernos! Pensamos que o mellor xeito de coñecer o traballo dunha ONGD é acercarse a ela e ver como funciona dende dentro, sen trampa nin cartón. En ESF sempre hai cousas que mellorar e todo o mundo pode aportar a esta mellora.

1 comentario:

Carmen dijo...

Enhorabuena a tutti!!
Especialmente a los del GAT!!