1 may 2010

"Unha Jaima Saharauí no Campus Vida Compstelá"

QUE? Acto de apertura da Jaima Saharauí, nal cal poderás descubrir máis sobre a cultura saharauí e a situación que Sahara Occidental está a vivir.

QUEN? A ONGD para o desenvolvemento Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

CANDO? Os días 4, 5 e 6 de maio de 2010

ONDE? A Jaima estará situada no parque do Seminario de Estudos Galegos (Fronte a Facultade de Farmacia) en Santiago de Compostela.

PARA QUE? Para conectar coa xente e xerar un espazo de diálogo e transmisión de información crítica dando a coñecer a problemática do pobo saharaui. Para descubrir cos cinco sentidos os hábitos e costumes dos habitantes do Sáhara Occidental. Así, poderás saborear o té saharaui (té verde feito tres veces nunha dinámica de tranquilidade e sosego); tocar e probar as súas vestementas (como turbantes ou melfas, traxes de muller saharaui); e participar en xogos de mesa remodelados para concienciar ás persoas do Sáhara Occidental do uso da auga (como o parchís e oca saharauis). Pero, sobre todo, para coñecer un pouco máis dese rincón non tan lonxano, coa proxección de videos, documentais, música… e moito máis.

POR QUE?.Porque queremos deixar constancia da solidaridade co Pobo Saharauí e recoñecer os esforzos de dito pobo para manter a súa palabra tralo alto ao fogo de 1991. Queremos chamar a túa atención como cidadán español, xa que mantemos uns vínculos históricos, culturais e afectivos por ser potencia colonizadora que a instancias da ONU segue a ser así. Porque tmos a obriga moral de liderar un movemento civil que sexa capaz de presionar ao goberno español e á Comunidade Europea para forzar unha pronta solución xusta do conflicto do Sáhara Occidental.

COMO? Achegate nun momento que poidas e disfruta das actividades continuas que teremos: reflexións, degustación de té saharauí, xogos, encontros... A Jaima está aberta a todas aquelas persoas, organizacións non-gobernamentais, medios de comunicación, etc… interesadas en coñecer a situación do pobo Saharaui dende, a súa situación política actual ata as súas costumes.

A Jaima é un lugar para o encontro, encontrarasnos alí.

As actividades cun horario fixo son:

- Martes 4 de maio:
12:00h - Inauguración Oficial da Jaima coa participación de “Solidaridade Galega co Pobo Saharaui”.

20:00h – Obradioro de Henna: “Sisel”

- Mércores 5 de maio:
20:00h – Contacontos para adultos: “A tropa de trapo”.

- Xoves 6 de maio:
13:00h – Curso de Árabe Básico.

16:00h – Palestra de Santiago Jiménez. “Observatorio Institucional para o Sahara Ocidental da USC”


“Todo o que poidas facer ou soñar comézao. A osadía leva en sí xenio, poder e maxia” J. W. Goethe

Podemos confirmar que na Rolda de Prensa estarán ademáis de cargos de ESF, as concelleiras Mar Martín e Mercedes Rosón do Concello de Santiago, o actual Reitor da USC, Senén Barro, e o delegado saharauí para Galicia, Ahmedu Mojtar. Posiblemente tamén vai estar Santiago Jiménez, membro da Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara.


No hay comentarios: