O vindeiro 5 de maio celebraranse as eleccións a reitor da Universidade de Santiago de Compostela, USC, e no medio dunha vertixinosa campaña onde hai 7 candidatos, ESF está intentando facerse oir e cómo? pois facendo chegar aos futuros candidatos unha serie de propostas que xa fai un tempiño elaborara o actual coordinador de EpD de Compos, José Rios e que agora se convirtiu nun decálogo sobre os retos que debe e pode afrontar a USC en materia de cooperación.
Ata o de agora mandouse un correo electrónico aos candidatos, ao cal xa nos contestaron algúns, e por se hai algún máis reacio as novas tecnoloxías, mandaráselle tamén por correo convencional. O grupo de comunicación elaborou tamén unha nota de prensa para o xornal da USC e publicouse a nova na web. E é precisamente aqui, onde podedes consultar este interesante documento.
Grupo de Educación para o Desenvolvemento
2 comentarios:
Ola rapaces! pareceme moi ben o movemento que estades tendo ena canto as eleccións a reitor, e quería preguntar cales foron as respostas obtidas a esas peticións enviadas ate o de agora??
Eso! Por qué non publicades as respostas? Danlle importancia a este tema os candidatos?
Publicar un comentario