30 jun 2010

Proxecto Ríos. ESF coida o Tambre

Enxeñaría Sen Fronteiras Galicia cumpliu o compromiso adquirido co Río Tambre, en torno ao Proxecto Ríos impulsado por Adega, na soleada mañá de domingo do seis de xuño. Patri, Kike, Alicia, Roberto e Ríos analisaron con éxito os parámetros requeridos, no entorno da Ponte Alvar (Concello de Compostela) e Ponte Albar (Concello de Trazo), que é o tramo apadriñado pola nosa ONGD
Os coñecementos botánicos de Patri e Ríos impregnaron o grupo, e Kike coñeceu novas especies e denominacións galegas
Os primeiros síntomas negativos detectados foron aparicións superficiais de lodos non tratados na depuradora, que se acumulan nas zonas máis estancadas
Outro detalle, moi preocupante, foi a constatación de que a praga que aniquila os amieiros está tamén presente no Tambre; e noutra orde de cousas, tamén se pode atopar lixo no escondrixo menos pensado (por exemplo bolsiñas de ketchup nunha fenda entre as rochas, e é que McDonald's chega a todas partes!). A parte diso, a paraxe é ben fermosa, e así nos despedimos desta marxe do río, a vista de raposo
Xa na outra beira, medimos os niveis de acidez das augas, observamos que non ían turbias e cronometramos a velocidade do caudal co infalíbel 'método Ríos'
Máis tarde, río arriba, puxémonos á procura duns insectos cuxa presenza é o medidor natural da calidade da auga
A nova fichaxe Alicia destapouse como unha experta cazadora de tricópteros, e rexistramos unha grande variedade de exemplares
Moitos tricópteros -un deles púxose a facer flexións- xunto cun odonato de grandes dimensións, bolsas de larvas e unha flexible samesuga, adornaron o noso zoo-prato
Finalmente, xuntouse todo o lixo apañado para levar ao contedor, e emprazámonos satisfeitos para a seguinte convocatoria, agardando que sexa igual de entretida e amigable

4 comentarios:

Patricia Iglesias dijo...

quedou moi ben a entrada!!! nótase a renovación do equipo ;-) e eso que faltaron as empanadas

A ver se así moita xente se anima a vir ao Proxecto Rios noutras edicións (experiencia medioambiental pero tamén vital)

Anónimo dijo...

Sip, la entrada está genial! igual de bien que debió estar el día en el río... Las fotos son muy chulas... pero, donde está el vídeo del tricóptero haciendo flexiones?? yo lo quiero ver!! jeje

Jose Rios dijo...

Solo unha pequeniña aclaración... A Ponte Alvar pertence ao Concello de Santiago, e a Ponte Albar ao de Trazo e son as dúas aldeas que comparten esta fermosa ribeira do río Tambre...

Polo demási hai que ver como se nota que o noso Roberto disfrutou ao maximo esta experiencia e así se mostra no ben que está a entrada... asique ao resto animádevos a participar unha ves polo menos...seghuriño que vos enghancha...

Roberto Roget Antelo dijo...

Correccións efectuadas! E si, hai que repetir, e se é con empanada, viño e música moito mellor!

O vídeo do tricóptero atleta e mailos outros dous, non os teño neste ordenador, así que ata dentro de dous meses, se non os engade algún outro riotambreiro...