2 jul. 2010

Resumo blogueiro: Xuño 2010

CONTIDOS

  • Blog Corporativo
  • Blog Nicaragua
  • Blog Honduras
  • Blog asignatura de cooperación da UDC
  • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
  • Outros blogs ISFeros
  • Outros enlaces de interese
  • Novas publicacións en papel
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes

BLOG CORPORATIVO


En xuño podemos ver no blog as últimas crónicas do curso de TpDH de Santiago, o resumo de temas tratados na lista de correo-e da Xunta Directiva do mes de maio (pronto estará o do mes de xuño), as gotiñas de auga máis sensibilizadoras, anuncios da formación PCR ou das concentracións en repulsa polo ataque á Frotiña da Liberdade, os carteis de sensibilización polo Día contra o Traballo Infantil, así como o anuncio de adherencia de ESF Galicia ao manifesto As Persoas Primeiro, pechando este mes de fin de curso coa crónica do Proxecto Ríos.


BLOG NICARAGUA


Neste mes, co regreso de Lorena da súa estancia de PCR, e a partida de Maruxa e Roberto tamén no PCR (case se cruzaron no aire), podemos ver a crónica da capacitación en Manexo Integrado de Plagas, así como a dos obradoiros de educación ambiental aos máis pequenos. Non vos perdades a entrevista coa presidenta do comité da microcuenca de Sasle, e a chegada dos dous novos PCRs a Jinotega, cidade onde estarán os próximos dous meses.



BLOG HONDURAS


En xuño temos unhas crónicas dos efectos da tormenta Agatha na zona de traballo (Golfo de Fonseca), e un interesante resumo do que foi o primeiro trimestre do ano no traballo dos proxectos no concello de  Marcovia. Tamén pódese ver como os rapaces da zona viviron o Día do Medio Ambiente, e unha oportuna reflexión sobre o fútbol e como se vive neste país.


BLOG ASIGNATURA DE COOPERACIÓN DA UDC

Xa nunhas merecidas vacacións, non deixedes de consultar este blog se andades á busca de enlaces e referencias interesantes a vídeos, libros, etc.


OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • DESTACADO. A wiki de ESF Galicia, xa en probas dende hai uns meses, agora xa empeza a ter bastante contido. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. Creado o 16 de marzal, é un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo!! Neste mes houbo un crecemento importante de seguidores e seguidos.
  • Slideshare ESF Galicia. Cun mes de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blog de Enerxías, estos meses estiveron máis parados, pero seguen organizando a campaña Apaga o Candil, iniciando un Proxecto Fin de Carreira no Sahara, e coa organización dunhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación para despois do verán en Vigo (e mesmo pensando nalgún posible proxecto internacional cara 2011).
  • Blog de Proxectos de El Salvador
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.


OUTROS BLOGS ISFEROS



OUTROS ENLACES DE INTERESE

Auga

Doña Reyna y la organización comunitaria para gestionar el agua

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Nestlé dejará de utilizar aceite de palma, ¿cómo lo hizo Greenpeace?

¿Qué es Comunicación para el Desarrollo?

Consumo responsable

Vídeo. Cuéntame otro mundo.

Vídeo. A historia das cousas medra.

Las prácticas sucias de las multinacionales (sabedes cantas das que falan no artigo son galegas?)

Manual para consumir de manera responsable
 

Educación para o desenvolvemento

Educación en valores, educación para el desarrollo. Interesantísimo portal de recursos

La crisis ecosocial en clave educativa. Guía didáctica para una nueva cultura de paz


Iniciativas

ISO Social Responsibility. ISO 26000. Aprobado borrador.

Destacado. Las personas primero. Coordinadora Estatal ONGD. FIRMA EL MANIFIESTO.

Voluntarios rurais España e internacional.

El Apadrinamiento y la Responsabilidad Social

Investigación para o desenvolvemento

HEGOA. Instituto de Estudios sobre Desarrollo y Cooperación Internacional

Mundo

El Gobierno ningunea la denuncia saharaui contra la venta de armas a Marruecos

Homenaxe a Saramago. Vídeo. A Flor Máis Grande do Mundo

Honduras: una dictadura con piel de oveja

Latinobarómetro.

Políticas e modelos de desenvolvemento

O Congreso crea un novo Fondo de Internacionalización da Empresa Española (FIEM)

Vídeo. ¿Funciona la ayuda al desarrollo?

Vídeo. 600 años sin hambre. Manfred Max Neef

Sensibilización

¿Crees en el activismo? ¡Ayúdame a convencer a Iker!

El empleo nos hace iguales.

Manual de Campañas para la movilización social

¿Tienen las remesas un lado perverso?

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

El Banco Mundial está favoreciendo la apropiación de tierras por parte de empresas extranjeras

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Proxecto Gapminder, información e estatísticas para o desenvolvemento.

Presentación sobre uso corporativo de twitter.

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se vos interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podedes solicitalas para préstamo).

-Derechos torcidos, o como mirar molinos y ver gigantes. Artículo de Xosé Ma Torres Bouza (presidente da Coordinadora Galega de ONGD).
-Manual popularizado sobre letrinas impermeables.
-Eficacia da axuda e sociedade civil. Declaración de París sobre Eficacia da Axuda e Axenda de Acción de Accra. CADERNOS DA COORDINADORA.
-Documentación do Seminario "A Declaración de París sobre Eficacia na Axuda" (ao que asistiron varias persoas de ESF, o 16 de Xuño):
    * Teijo García, C.(2009). Caracteres generales y tendencias básicas del sistema internacional de ayuda al desarrollo.
    * Martínez, I. e Sanahuja, J.A., (2009) La agenda internacional de eficacie da la ayuda y la cooperación descentralizada en España.
    * CONGDE (2009), Apropiación, armonización y alineamiento en las organizaciones de la sociedad civil.
    * MARTÍNEZ, I. (2007) La Cooperación de las ONGD españolas en Perú: hacia una acción más estratégica.
- 5º Informe Derechos Humanos (reporte de violaciones a derecho a la vida). Gobierno Porfirio Lobo (febrero-abril 2010). COFADEH


E NO PRÓXIMO MES ...


Día 4 de xullo: reunión da Xunta Directiva de ESF Galicia en Santiago.

Día por determinar: reunión da Comisión de Programas Internacionais de Cooperación ao Desenvolvemento de ESF Galicia

24-25 de xullo (a falta de confirmación): convivencia esfeira en Ons.

Día por determinar: avaliación do Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) 2009.





A ESF-RASE DO MES

Unha soa pregunta pode conter máis pólvora que mil respostas. Jostein Gaarder. "O mundo de Sofía".

No hay comentarios: