8 jun. 2010

RESUMO BLOGUEIRO MENSUAL: MAIO 2010

CONTIDOS

  • Blog Corporativo
  • Blog Nicaragua
  • Blog Honduras
  • Blog asignatura de cooperación da UDC
  • Outros blogs e recursos 2.0 en activo de ESF Galicia
  • Outros enlaces de interese
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes

BLOG CORPORATIVO


En maio houbo moito movemento asociativo. O grupo de sensibilización Sahara contounos a experiencia da Jaima que estivo do 4 ao 6 de maio no Campus Sur. Ademais a partir de agora se tratará de incluir cada mes no blog unha entrada coa información resumida dos asuntos tratados na Xunta Directiva do mes anterior (neste caso de abril, aínda que xa podedes ver tamén a de maio) coa idea de que todo o mundo coñeza mellor o día a día da mesma. Veredes o programa das Xornadas sobre TpDH e Medio Rural que se organizaron en Lugo neste mes, así como a interesantísima crónica do Curso de TpDH que tivo lugar en Santiago en Abril. Tamén podedes ver o resumo da charla sobre Auga e Sahara que tivo lugar en A Coruña dentro da campaña de Dereito a Auga deste 2010, e unha emotiva entrada de despedida do ano do grupo organizador da Asignatura de Introducción á Cooperación na Universidade de A Coruña.

BLOG NICARAGUA


Neste mes, xa con Lorena coñecendo o país como primeira PCR do ano en Nicaragua (pronto se lle unirán Roberto e María), trátanse no blog o tema da preparación do Foro de Plans de Manexo de Finca e algunhas conclusións do seu desenvolvemento, así como unha interesante entradiña onde se pode ver como vai avanzando a FASE II do programa que se está a desenvolver en Sasle e Los Horcones, as dúas comunidades da parte alta da subcunca do Río Sasle onde se está traballando.


BLOG HONDURAS


En maio rompeuse o silencio do blog dun par de meses, mentres o programa avanzaba a bo ritmo tanto en Marcovia como en San Francisco de Coray, as dúas municipalidades do Golfo de Fonseca onde estamos traballando. En Marcovia se está a rematar o sistema de auga e saneamento en Las Lajas e simultáneamente estase a realizar o Plan de Xestión Integral do Recurso Hídrico (PXIRH) e a sensibilización ambiental en distintas zonas do concello) como en San Francisco de Coray, onde estase probando xa a aplicación de sistemas de información xeográfica para o propio PXIRH que se elaborou co CARTOLAB da UDC. Mireia, a nosa expatriada, infórmanos dos efectos da tormenta Agatha na zona.


BLOG ASIGNATURA DE COOPERACIÓN DA UDC


No mes de maio, ademais da despedida do curso con poesía musicada incluida, están os anuncios e crónicas das sesións 10, 11, 12 e 13, cunha mesa redonda de diversos axentes da cooperación galega, a charla de proxectos de cooperación impartida polo grupo Auga de ESF Galicia (no mesmo día tamén se impartiu unha charla no Master de Auga sobre o mesmo tema), outra sobre Axuda de Emerxencia, e para rematar se tratou sobre Diversidade Cultural.


OUTROS BLOGS E RECURSOS 2.0 EN ACTIVO DE ESF GALICIA

  • Twitter ESF Galicia. Creado o 16 de marzal, será un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias do sector da cooperación que vaian surxindo. Seguídeo!! Neste mes púidose seguir en directo o que pasou na Jaima saharaui en Santiago.
  • Slideshare ESF Galicia. Recén creado, onde podedes ver algunhas presentacións sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blog de Enerxías, estos meses estiveron máis parados, pero seguen organizando a campaña Apaga o Candil, iniciando un Proxecto Fin de Carreira no Sahara, e coa organización dunhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación para despois do verán en Vigo.
  • Blog de Proxectos de El Salvador
  • Facebook de ESF Galicia.


OUTROS ENLACES DE INTERESE

Auga

Vídeo documental. Enroscados, la batalla del agua.

Desde Nicaragua: hidrogeólogos vs zahoríes

ISF Murcia gana la segunda edición del concurso "Aguas de Murcia solidaria"

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Vídeo. El peligro de una sola historia.

El tratamiento de la cooperación en la prensa, ¿transversal o protagonista?

Consumo responsable


Guía roja y verde de alimentos transgénicos 2010 (Greenpeace).

Iniciativas

Máis que baloncesto. Arizona baby.

Vídeo. Amina.

Premios Atila a la destrucción del ambiente. Ecologistas en Acción.

Project Syndicate.

Concurso de fotografía e relato corto. “Impactos de la empresa en el desarrollo de los países del Sur

Investigación para o desenvolvemento

Apoyo a Seralini y su equipo, investigadores perseguidos por evaluar los riesgos de los transgénicos sobre la salud

Manifiesto de Manchester por una ciencia abierta.

Mundo

Honduras: como adoptar un huérfano emergente


Políticas e modelos de desenvolvemento

Vídeo. Reforma de los Fondos de Internacionalización de Empresas (FIEM).

Habemus ADA. Sobre a firma do Acordo de Asociación entre Centroamérica e UE.

255 científicos denuncian el ataque político al cambio climático

La corrupción y la trampa de la pobreza en el Tercer Mundo

Las ONG exigen al Gobierno una ayuda más eficaz

DESTACADO. Los créditos de Industria no serán ya considerados ayuda al desarrollo


Sensibilización

Claves de éxito en las campañas de las ONG (2ª parte)

En inglés. Campaignstrategy.org: modestas sugerencias para cualquiera que esté intentando salvar el mundo. Interesante lugar para encontrar ideas sobre como sensibilizar.

En inglés. Easy and Effective Group Action. Thepoint.com

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Revista 'Soberanía alimentaria, biodiversidad y culturas'. Número 1.

Alimentos transgénicos: primero la evidencia

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Por qué los informáticos (y no sólo ellos) utilizan linux.

Victoria histórica del software libre frente a las patentes del software libre en EEUU

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

E NO PRÓXIMO MES ...


Por determinar: Comisión de Programas Internacionais de Cooperación ao Desenvolvemento de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

Por determinar: Avaliación do Programa de Coñecemento da Realidade 2009 de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

Por determinar: Celebracións varias nas distintas sedes de fin de curso.

5 de junio: Día Mundial del Medio Ambiente



A ESF-RASE DO MES

 "Se ti o cambio que queres ver no mundo".
Gandhi

No hay comentarios: