- Mención especial para todos os grupos de EpD-sensibilización de ESF Galicia, que gracias a un excelente traballo en rede dos voluntarios dende 3 sedes, nunca feito antes na asociación, articularon un interesante proxecto de "difusión da Tecnoloxía para o o Desenvolvemento Humano a través da sensibilización e educación formal na comunidade universitaria e na sociedade galega en xeral" que pretende apoiar e visibilizar máis o traballo que cada ano ven facendo ESF cos cursos e asignatura nas tres universidades galegas, reforzándoo neste ano na temática de Enerxía cunha campaña de sensibilización e unhas xornadas en Vigo, así como compoñentes de Economía Responsable ou sensibilización do problema no Sahara.
- O Grupo de Programas Internacionais de Desenvolvemento Rural fixo doblete (algo tamén pioneiro dentro de ESF Galicia, que un mismo grupo acade dúas subvencións para cadanseus proxectos nunha mesma convocatoria, con todo o traballo que conleva):
- Un proxecto de 15 meses en Honduras, "Reducción da vulnerabilidade alimentaria e uso racional dos recursos naturais na micro-cunca do río Laure, Honduras” traballando codo con codo cos compañeiros de Amigos da Terra, o Laboratorio de Ingeniería Cartográfica (CartoLab) da UDC e o Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca” (CODDEFFAGOLF), que promete ser unha experiencia de traballo moi enriquecedora, e servirá para compartir na zona do Golfo de Fonseca os conceptos de ordenación territorial e planes de finca que se viñan traballando en Nicaragua, integrando necesidades humanas e capacidade de carga do territorio. Todo o que vaia pasando o poderedes seguir no blog de Honduras que até o de agora era sobre todo do sector da Auga e o Saneamento, pero que agora se terá que diversificar.
- Un proxecto que rematará xa en decembro do 2010, a FASE III e peche do programa que ESF Galicia desenvolve en Nicaragua cos compañeiros da Fundación para a Investigación e o Desenvolvemento Rural (FIDER) dende 2007 de Fortalecemento das capacidades das comunidades da microcunca do río Sasle para unha xestión sustentable dos recursos naturais, Jinotega. Nicaragua. No blog de Nicaragua podedes ver como vai a cousa (agora se está rematando a FASE II).
No hay comentarios:
Publicar un comentario