CONTIDOS
# Blogue de Vida Asociativa
# Blogue Nicaragua
# Blogue Honduras
# Blogue asignatura de cooperación da UDC
# Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
# Outros blogues ISFeros
# Outros enlaces de interese
# Novas publicacións en papel
# E no próximo mes ...
# A ESFrase do mes
BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA
En outubro foi un mes de moitísima actividade. Foi época de presentacións de ESF e diversas temáticas nas que traballamos en distintas facultades de Santiago, Ourense (onde se está a montar unha nova sede) e Coruña. Estivemos na Feira de Voluntariado en Santiago falando das experiencias dos Programas de Coñecementos da Realidade, e tamén participamos en Radio Voz nun programa realizado na escola de Camiños de A Coruña (podedes oir a entrevista). Seguimos o Camiño de Santiago polo Pacto Galego contra a Pobreza (que se firmou o 16 de outubro), e estivemos no curso de Comunicación 2.0 e compartimos algunas das ideas que alí xurdiron. Prosegue a liña de video-entrevistas a voluntarios de ESF, e ademais pódese ver o resumo dos temas tratados na Xunta Directiva no verán.BLOGUE NICARAGUA
Neste mes coñecemos máis sobre dúas das persoas coas que traballamos en Nicaragua: dona Betzabeth e don Bernardo.BLOGUE HONDURAS
No mes de outubro no blogue de Honduras coñecemos a metodoloxía dos Plans de Xestión Integral dos Recursos Hídricos, coñecemos máis sobre a estancia dos PCR na zona (que por certo xa volveron!), así como as choivas torrenciais e os danos que causaron. Aínda houbo tempo para adicar unha lembranza a todos os que fixeron posible dende Galicia o traballo en Honduras.BLOGUE DA ASIGNATURA DE COOPERACIÓN DA UDC
Remataron as vacacións, comeza a preparación do novo curso. Non deixedes de consultar este blog se andades á busca de enlaces e referencias interesantes a vídeos, libros, etc.OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA
- Páxina de Facebook de ESF Galicia. Creada o 24 de xullo e conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
- Wiki de ESF Galicia. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
- Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo!! Neste mes houbo un crecemento importante de seguidores e seguidos.
- Slideshare ESF Galicia. Creado en maio, ahí podedes ver algunhas presentacións sobre temáticas de interese de ESF.
- DESTACADO. Blogue de Enerxías. Xa chegan as xornadas sobre Enerxía e Cooperación para o mes de decembro en Vigo.
- Blog de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya.
- Grupo de Facebook de ESF Galicia.
- Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
- Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
- Podomatic de ESF Galicia. Recén creado. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
- Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.
OUTROS BLOGUES ISFEROS
- Proxectos en Sahara. Iniciado por ESF Galicia, pero que agora xa é patrimonio de todo ISF, sendo "alimentado" por membros de Galicia, Aragón, Asturias, Castilla-León, etc.
- ISF Telecos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Telecomunicaciones de Madrid.
- ISF Aero, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería Aeronáunica de Madrid.
- ISF Caminos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Caminos de Madrid.
- ISF Geominas, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingenieros de Minas de Madrid.
- Grupo universitario de Ciudad Real, de ISF ApD. Blog do grupo universitario de Ciudad Real.
- ESF Catalunya. Blog corporativo dos compañeiros de ESF Catalunya.
- ISF Andalucía en Perú
- ISF Andalucía en Kenia
- ISF Asturias en Angola
- ISF Asturias, sección xuvenil
- Twitter de ISF Asturias
- Twitter de ISF ApD
- Grupo de Facebook Federal de ISF
OUTROS ENLACES DE INTERESE
Auga
Buenas prácticas y herramientas para disminuir la incidencia de enfermedades OMSComunicación para o (como) desenvolvemento
Diagonal agora en galego¿Hacemos las ONG una comunicación inclusiva o exclusiva?
Consumo responsable
Dinamarca abandonará el petróleo en 2050El valor añadido de un producto
Cooperativas de consumo
Cooperación e ONGD
La ONG que yo quieroNo somos negligentes, somos diligentes, pero no somos excelentes
El debate de las ONG que nos hemos perdido
Educación para o desenvolvemento
Congreso internacional de feminismo islámicoIniciativas
Social GNUCustodia do territorio en Galicia
Actuable
LittleSis, a xente vixía aos poderosos (para cando algo así a nivel mundial?)
Mundo
Nuevas filtraciones sobre IrakPolíticas e modelos de desenvolvemento
Nace el cobrador del Sur...Se cierra la reforma de los créditos FAD
Sensibilización
Stop malaria nowDerechos para las personas, reglas para los negocios
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
La Vía CampesinaVídeo. Soberanía Alimentaria
Semillas y salud
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
Vídeo – Aplicaciones de la información espacialVídeos- Ubuntunicaragua
Blogue sobre Redes P2P e Propiedade Intelectual (a próxima loita)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se vos interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podedes solicitalas para préstamo).- La Educación para el Desarrollo. Miguel Argibay, Gema Celorio.
- Vídeo+folleto unidade didáctica para secundaria. Comercio Xusto: + que solidariedade.
- Guía práctica de Eficiencia Energética. Oportunidades de negocio para el instalador.
- Declaración de París sobre Eficacia da Axuda. Axenda de Acción de Accra. CGONGD
- 2º Encuentro de las ONG de Desarrollo:
- Base social y participación ciudadana
- La gestión para resultados en el nuevo marco de la cooperación internacional para el desarrollo.
E NO PRÓXIMO MES ...
10 de novembro: Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento
16 de novembro: Día Internacional para a Tolerancia
19 de novembro: Día do Saneamento
25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
26 de novembro (cuarto venres do mes de novembro): Día de Non Comprar Nada
29 de novembro: Día Internacional da Solidariedade co Pobo Palestino
17 de novembro: Feira de Asociacións da UDC na facultade de Socioloxía do Campus de Elviña; entre as 10:00h e as 20:00h.
DESTACADO: 27-28 de Novembro. Xuntanza de ESF Galicia (Asamblea de Socios ó 27+Formación ó 27 e 28)
Para máis info sobre cursos e eventos consultade a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD
ENVIADE AS ACTIVIDADES DOS VOSOS GRUPOS!!!
A ESF-RASE DO MES
A utopía non é máis que unha verdade prematura.Ignacio Ramonet
No hay comentarios:
Publicar un comentario