29 oct 2010
A BANCA PODE SER ÉTICA?
Ana deunos unhas pautas e datos sobre a coñecida como "Banca Ética", e máis en concreto sobre unha das iniciativas deste tipo que non hai moito que estase a implantar en Galicia: FIARE.
A continuación se pode ver un vídeo cortiño realizado por ATTAC sobre a banca ética.
Para coñecer máis sobre FIARE podedes visitar a súa web, e tamén o blog da Asociación FIARE Galiza, ou preguntarnos directamente a ESF Galicia (estamos dentro desa asociación promovendo a captación do fondo social necesario para poder constituir a Cooperativa de Crédito que será FIARE, aínda que xa podedes solicitar préstamos ou facer depósitos en FIARE, porque actúa como axente da Banca Popolare Etica de Italia, no entanto non se remata a captación de capital social para constituirse como prestador de servizos bancarios propios).
E por qué ESF traballa neste eido da banca ética? Sergio contou que consideramos que a banca pode ser unha tecnoloxía para o desenvolvemento humano sempre e cando cumpla unha serie de requisitos (a banca, como comentan na web de FIARE, non é neutral, igual que a tecnoloxía). E a banca ética tal como a entende FIARE non nos parece simplemente outra opción bancaria, senón que pretende ser unha iniciativa transformadora das relacións económicas e da sociedade, xa que é tamén transformadora (polo seu vencello ao terreo e a súa vocación de "banca en mans da cidadanía" onde a participación dos socios é real, podendo decidir entre tod@s o camiño, a dirección do banco, tendo voz e voto, escollendo e podendo ser escollidos para traballar no día a día). Isto fai que a consideremos Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano, o que foi debatido xa hai un tempo polo grupo de Economía Responsable de ESF e aberto ao resto da asociación ESF Galicia.
E rematamos a xornada cun vídeo que mostra como entre todos se logran grandes cousas (mesmo un "banco nas mans da cidadanía") e comentando dúbidas dos presentes sobre o funcionamento de FIARE.
28 oct 2010
Primeira Reunión de Sede 2010-11 na sede de A Coruña
A cita será ás 19:30h na Sala de Graos 1 da Escola de Camiños da UDC.
O programa previsto de actividades será o seguinte:
Cada coordinador de grupo debe contar nun espazo de tempo non superior a 5 minutos a situación do seu grupo, membros que o compoñen, necesidades, novidades, actividades, obxectivos, etc.
Xa podemos avanzarvos que a formación terá que ver coa Planificación, tema que todos debemos comprender, pois achégase o tempo no que cada grupo terá planificar e ter claros conceptos como: Obxectivo, Tarefa, Actividade, ...
26 oct 2010
Polo canón de Somoto abaixo van catro troitas de ESF ♪
Era a primeira fin de semana de setembro, e as voluntarias dos proxectos de ESF en Nicaragua (Xavi, Maruxa, Roberto) e ESF en Honduras (Mireia, Sabela, Dinorah) escolleran como punto de encontro o canón de Somoto (Madriz, Nicaragua). Ao non poderen acudir Xavi e Maruxa, xuntáronse as tres troitas de Choluteca e un ollomol de Jinotega, nas coloreadas rúas de Estelí:
Felices, e ignorantes de que chegar ao canón de Somoto ía camiño de converterse nunha quimera, intercambiamos información sobre os nosos respectivos proxectos, as comunidades, as contrapartes, as culturas... e o sábado pola mañá subimos a bordo de Lolita (vehículo de Mireia con personalidade propia) rumbo á enigmática foz fluvial, ao ritmo de Vicente Fernández.
Pero a aventura somoteña collía tintes dramáticos e olor a aceite cando descobrimos unha mancha debaixo do benquerido carro, e o sábado converteuse nunha odisea interminable de cambios de pezas, retenedor de aceite (?) por aquí e embrague por alá.
Só nos restaba cear e agardar polo domingo, mais a nosa sorte ía escurecendo igual que a noite, e o ceo semellaba cargar cun océano. A maior tormenta que recordo viña de deixar Somoto sen luz e os accesos ao canón posibelmente anegados...
Todo facía pensar que nos teríamos que conformar coas vistas do mural do hotel Panamericano:
Pero houbemos de lles dar tanta mágoa ás divindades dos antigos chorotegas, que pola mañá xa barreran todas as nubes para algún cornecho.
Despois atopamos a Reynel, un intrépido guía, experimentado, supersticioso, e cunha certa manía persecutoria no que a espionaxe internacional no canón se refire. A expedición completouna unha amigable parella de Managua e Boston.
Foi chegar ao mirador e ficar embobados ante as dimensións de tal accidente xeográfico, esculpido polo fluxo do tempo, e descuberto para a comunidade internacional hai apenas unha década por xeólogos checos, aínda que xa había xacementos indíxenas na súa volta, e que os arredores foran couto privado do ditador Somoza.
Así e todo, o mellor estaba por chegar. Despois de baixar o terraplén e remontar o canón, chegamos a unha zona de rápidos onde só Reynel sabía o que tocaba: hai que mollarse! Vencidas as resistencias, alá fomos, e a corrente xogaba con nós esquivando rochas e deixándonos descansar nos remansos. Augas abaixo, o río engordaba e perdía velocidade, até nos deixar flotando co ollar perdido nunha estreita franxa de ceo entre acantilados...
...ata que tocamos co cú no leito do río. Fin de traxecto. Unha merenda en La Casita de Estelí, unha persecución ao fuxidío bus de Matagalpa e unha despedida atrapallada.
Agora é o turno da Centranza post-PCR, manterémol@s informad@s!
25 oct 2010
ESF Galicia na Feira Galega do Voluntariado 2010
ESF Galicia participou, o venres pola tarde, na palestra Voluntariado Internacional. A mesa estaba composta por:
- Helena Capera Cullell, da Coordinadora Galega de ONGD.
- Cristina Otero Iglesias, técnica de EpD da Fundación Jóvenes y Desarrollo.
- Alba Miranda Castro, como voluntaria de InteRed.
- Roberto Roget Antelo, como voluntario de ESF Galicia.
Helena, da Coordinadora, presentou os participantes e, diante dun concurrido auditorio, sentou as bases do que se entende como voluntariado en Cooperación Internacional (coa súa necesaria formación, sensibilización e compromiso, diferenciándoo doutros modelos de acción no exterior e desligándoo dalgunhas pretensións de viaxar de calquera xeito).
Cristina explicou pormenorizadamente o voluntariado internacional no terreo que leva a cabo Jóvenes y Desarrollo en países como Togo, Angola ou Bolivia. Este vai dende o apoio técnico a contrapartes en temas relacionados coa Formación Profesional até a participación en proxectos educativos dun curso lectivo de duración.
Alba, con experiencia de voluntariado internacional en Bolivia, detallou o tipo de proxecto que desenvolve InteRed en países de África, Asia e América Latina, en colaboración con contrapartes, e a prol da Educación e a Formación en recursos humanos como base para acadar unha transformación social. E si, é a nosa Alba do grupo de Comunicación de ESF Galicia, que vén de inaugurar a campaña "Faltas ti" en Compostela coa charla "Sopa de ideas e outras creacións".
Roberto repasou a historia do PCR (Programa de Coñecemento da Realidade) de ESF Galicia -Sahara Occidental, El Salvador, Honduras, Nicaragua- así como o seu funcionamento e filosofía, para rematar concretando na súa recente experiencia co Proxecto de fortalecemento das capacidades das comunidades da micro-cunca do río Sasle para unha xestión sostible dos recursos naturais en Jinotega, Nicaragua. Tamén aproveitou para dar difusión á campaña "Faltas ti" e repartíronse "Invitacións" (para ser persoa voluntaria de ESF).
Ao rematar, Cristina e Alba voltaban aos stands que colocaran as organizacións que viñan de representar. E entre os stands da Feira do Voluntariado, atopábase unha persoa especial para os últimos PCRs nicas Maruxa e Roberto, pois trátase de alguén que coñeceron durante a estadía centroamericana. Viki estaba alí en nome da Asociación Valponasca, pero tamén viña de retornar de Nicaragua despois de colaborar aló con Axunica:
24 oct 2010
Sopa de ideas e outras creacións: charla en CC da Comunicación
Dita charla estaba a cargo dos grupos de Comunicación (Ali e Alba) e Sensibilización (María e Helena).
Chegamos con tempo e comezamos a preparar as cousas tan pronto como nos deixaron libre a aula que previamente solicitáramos.
Tiñamos certo temor de i viría xente ou non, pois as experiencias son case todas do Campus Vida (sur), pero pouco a pouco foron chegando os comentsales ó particular "picnic" que estas ESFeras montamos.
Comezamos...
Só tíñamos dúas invitadas, pero deixamos a porta aberta mentras demos paso ó primeiro prato...
E tivo efecto...chegaron tres comensais máis!
Así que máis pratos!
Finalemente houbo un traballo bastante bo...
(as súas respostas nunha posterior entrada que será publicada en breves)
E ainda que se mostraron interesados, deixamos un regaliño na aula para que, sen estar nós, a esencia ESFeira perdurase...
Nova sede en Ourense
Laura Rodriguez, Emma Nuñez e Anxo Barreiro, antigos membros de ESF (Lugo e Santiago) que agora están en Ourense van intentar crear unha nova sede nesta cidade. Asique o primeiro paso é buscar novas persoas voluntarias e xa teñen calendario de presentacións...
Casa da Xuventude
Mercoles 27 ás 20 00h
Facultade de Ciencias , Salon de actos
Xoves 28 ás 20 00h
asique se conocedes a alguén interesado e que ande por Ourense non deixedes de avisar!!! a pola sexta!
18 oct 2010
Habilidades comunicativas: impresións post - formación
A finais do curso pasado xa dei este tipo de presentación ainda que o lugar foi o campo da ETSE e agora impartín a charla no local de alumnos. A parte de que agora engadín o tema da atención como algo específico, desta vez tiven o apoio dunha presentación en Power Point que serviu de exemplo para mencionar que se deben preparar previamente as charlas e ter determinados trucos para non perderse mentras se ofrece.
Deixo aquí a presentación que me serviu de apoio. É un pequeno guión, pois non se debe levar nas presentacións toda a información, senón que nos debe servir simplemente de apoio para guiar a charla e ser un método para non perdernos.
Despois mostro algunhas notas acerca da mesma que con velo na diapositiva non se entende...
En canto ó tema da atención pode verse unha pequena entrada no meu blog personal:
O dos interrogantes no exemplo é porque lle pedín aos asistentes que me deran exemplos dentro de ESF, así que vós mesmos podedes pensar en exeplos e poñelo nos comentarios. Gustosamente os lerei e comentarei!
O dos Procesos en 'U' fai referencia a que debemos ter coidadocon que nuns casos poden atendernos ao principio e final mentras que no momento central da charla 'pasan' de nós e viceversa, que non fagan caso ó principio e final e si nos temas centrais, ainda que se dará maiormente o 1º caso polos chamados efectos de Primacía e Recencia (recordar máis o que se di ó principio e ó final).
Cando un comeza debe presentarse e comunicar o tema/idea central da súa charla, e facer que a xente se identifique con el, porque si se logra o contacto (mirar aos ollos á xente, p.ex.)lograrase maior interés e atención, un certo compromiso.
Na diapositiva de 'Tempo' non aparece nada porque simplemente fixen a pregunta "Canto tempo credes que levamos de presentación?" para comentar as diferentes perspectivas que se teñen á hora de dar unha charla si es o que a da ou o que a recibe.
Como poderedes ver, na última diapositiva fago mención a unha entrada que Sabela deixou neste blog (http://esfgalicia.blogspot.com/2010/03/por-que-veces-no-me-entienden-cuando-yo.html) Realmente está moi ben e recomendo que se lea!
Para rematar deixo a opinión dos asistentes: Helenita, Adela, Ali, Alba, Roberto e Patri (gracias por asistir) e algunhas fotos.
"pois eu creo que debería ser unha charla que todo voluntario debería recibir, obrigatoriamente! sobretodo se pensa algún día comunicar e dar unha charla, que visto lo visto tócalle a calquera jeje porque adquires conceptos básicos de cara a comunicación, tanto interpersonal como cómo debes transmitir da asociación.
ademais houbo sempre uns valiosos truquiños que están moi moi ben!"
"Resulta unha formación útil porque, aínda que todo é bastante de sentido común, é destas cousas que é necesario organizar, programar e telas en conta porque son facilmente olvidables. Ademais, cada charla é un mundo e seguramente nos atopemos con reaccións diversas que deberiamos intentar prever o máis posible"
Ábrese o tempo de rogos e preguntas!!
15 oct 2010
Na busca de voluntarios en Compostela
Este é un estracto do que alí se vai falar:
Sopa de ideas e outras creacións: A importancia da Comunicación no mundo das ONG
Unha mesa, un mantel, varias cadeiras, pratos con letras e gañas de idear. Estes son os materiais imprescindibles cos que se celebrará o taller “Sopa de ideas e outras creacións”, unha proposta de escritura creativa que estimule a reflexión sobre conceptos tan cotiás como o xornalismo actual, a comunicación ou o papel do propio espectador televisivo. Coa idea de “poñer a mesa” nunha aula da Facultade de Xornalismo de Santiago preténdese xerar un espazo de encontro e intercambio de ideas que animen a cuestionar conceptos, debater, aprender e crear.
Bo proveito!
Día: 19 de outubro
Hora: 12:00 horas
Lugar: Aula 4
Facultade de Ciencias da Comunicación
Faltas ti! Descubre o voluntariado...
"Por qué unha persoa é voluntaria?", "Que significa ser voluntario?", "Para que ser voluntario?" ou mesmo "Como e onde se pode ser voluntario?" A todas estas cuestións intentarase respostar na charla, onde se mostratán as experiencias de voluntariado en temas como a sensibilización ou a educación.
Día: 21 de outubro
Hora: 20:15 horas
Lugar: Aula 4
Facultade de Psicoloxía
"Banca ¿vs/&? Ética
FIARE"
"Están a ética e a economía naturalmente enfrontadas? Existe algo máis que a economía puramente do capital? É posible facer uso da economía como ferramenta para o desenvolvemento humano? Por suposto! A economía responsable, a economía alternativa e solidaria existe e ten ferramentas moito máis alá da economía doméstica. Fiare pode ser unha delas. Achégate a descubrir esa outra cara da economía, a da conciencia."
Día: 26 de outubro
Hora: 20:15 horas
Lugar: Aula 4
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
"Experiencias de Cooperación en medio ambiente e desenvolvemento rural en Centroamérica"
Roberto Roget, recén chegado da súa estancia en Nicaragua dentro do Programa de Coñecemento da Realidade tratará de achegarnos as súas vivencias dntro das comunidades nicaragüense onde Enxeñería Sen Fronteiras está traballando así como os proxectos que esta ONGD está desenvolvemento en Centroamérica.
Día: 27 de outubro
Hora: 20:15 horas
Lugar: Aula 3
Facultade de Bioloxía
Faltas ti! Descubre o voluntariado...
A sede compostelán abrirá as súas portas para que a través de fotos e experiencias en primeira persoa, todo aquel que queira, poida conocer que fan as persoas voluntarias de Enxeñería Sen Fronteiras nos distintos ámbitos de traballo que a ONG desenvolve en Santiago, educación, sensibilización e proxectos de cooperación internacional.
Día: 3 de novembro
Hora: 20:15 horas
Lugar: Local de Alumnos
Escola Tecnica Superior de Enxeñeria (ETSE)
13 oct 2010
CAMIÑO POLO PACTO GALEGO, CRÓNICA DO CAMIÑO
O primeiro día estivemos en Sarria. Houbo que facer as actividades na Casa da Cultura en vez de ao aire libre (cousas do clima...). Os políticos locais leron o manifesto, e fíxose un obradoiro de Obxetivos do Desenvolvemento do Milenio 1 e 2 cos alumnos do instituto.
O segundo día, en Portomarín, ao ser festivo non se puido facer actividade cos rapaces, pero a alcaldesa leu o manifesto e se recolleron sinaturas a favor do 0,7
12 oct 2010
Habilidades comunicativas: captando a atención, comunicando a nosa mensaxe.
Temas do estilo de como falar en público ou como facer que a audiencia non se durma, como chamar a atención de aqueles que nos escoitan para que a nosa mensaxe non sexa tan só palabras que leva o vento.
Un tema que nos pode servir a toda a asociación de cara ás diversas charlas que facemos dende cada unha das sedes.
Dita formación levará como título: "Habilidades Comunicativas: captando a atención, comunicando a nosa mensaxe". Será impartida por María Vázquez, na Sede de Santiago de Compostela (local de alumnos), mañá mércores ás 20h.
Porque moitas veces é complicado chamar a atención sobre o que queremos comunicar, e comunicalo de maneira que se entenda o que queremos dicir.
10 oct 2010
Curso Web 2.0 en ONL. Primera sesión
En esta primera sesión presencial, de día y medio, además de la presentación que el formador, Jaume Albaigès, dejó en su blog, hay algunas ideas más que pueden ser de interés:
- No obsesionarse en tener todas las herramientas. Hay una parte de experimentación para probar, pero dejarlas si no aportan valor a la organización.
- Ponerse en la piel del público objetivo pensando en nuestros propios patrones de conducta ante los canales 2.0
- La escucha activa permite detectar intereses cómplices o colaboradores para trabajar en red. Es contraproducente a veces abarcar todos los ámbitos, incluso aunque parezcan próximos a nosotros. Es mejor contactar con “cómplices” que comparten valores próximos y ámbitos donde se puede crear sinergia.
- La comunicación por nodos es importante, con cuantos más nodos estemos comunicados, a más llegará. Pero puede caer en la “infoxicación”. Una solución puede ser emplear herramientas de “etiquetas” o similares para clasificarlos. También es importante encontrar tu posición dentro de los canales y los nodos, con cierta especialización según la misión de la organización.
- Puede ser interesante segmentar según público objetivo (voluntarios, financiadores, socios, sociedad civil, medios tradicionales, etc.)
- El trabajar con la red que nos sigue y se identifica con los valores organizacionales es clave, porque también difundirán el mensaje (y ojalá también su acción ejemplarizante).
- El plan de comunicación también ayuda para los canales online. Sirve para ver qué queremos conseguir con las herramientas, y valorar se va consiguiendo o no. Hay que recoger información de lo que está pasando para mejorarlas.
- Si se busca cierta legitimización social hay que pensar mucho también de puertas hacia afuera a nivel filosófico. Con abrir el espacio no llega. Hay que mantener, que dinamizar, que tener “paciencia”.
- Software libre, merece la pena tenerlo en cuenta al desarrollar nuevas herramientas.
- Hay que mantener internet como espacio de libertad y de lucha por las libertades (hay quien dice “internet está muy bien, pero no aporta dinero, así que habrá que montarlo de otro modo…”
- Posiblemente en general sea bueno que no haya un único “responsable 2.0”, cuantas más personas haya mejor, para que comuniquen las personas que tienen la info de primera mano y genera información con más valor. Hay una visión más compleja y más plural. La clave es que la gente interiorice el interés de comunicar.
- Hace un tiempo la persona más valorada era la que más conocimiento tenía y menos compartía (el mago de la tribu). Hoy en día ha cambiado, la que más comparte es la que más buscada es (tanto a nivel personal como a nivel ONG). Así se generan referentes. Cuanto más se comparta sobre lo que se sabe, más seremos requeridos para hablar sobre ese tema.
- ¿Cómo llegar a la gente? ¡Yendo donde está la gente! Las redes sociales son importantes. Hay que ir donde la gente se reune, igual en la calle que en internet. A partir de aquí hay que diseñar la estrategia: detectar perfiles de individuos, como comunicarse con ellos, como hacer que difundan mensajes o se identifiquen con ellos.
- Lo ideal es que haya una realimentación entre el mundo virtual y el mundo real.
- El móvil va a tener mucho futuro en herramientas 2.0. Facilitar como organizaciones que nuestros contenidos se vean bien y sean interactuables vía móvil.
6 oct 2010
Resumo blogueiro mensual: setembro 2010
CONTIDOS
* Blog de Vida Asociativa
* Blog Nicaragua
* Blog Honduras
* Blog asignatura de cooperación da UDC
* Outros enlaces de interese
* Novas publicacións en papel
* E no próximo mes ...
* A ESFrase do mes
BLOG DE VIDA ASOCIATIVA
En setembro comezou a aumentar a actividade tras certo parón veraniego. Podedes ver a campaña "Eu recoñezo a RASD", ou algún recurso audiovisual interesante que foi moi valorado polos voluntarios, así como o resumo e a presentación dunha charla que deu ESF sobre Enfoque medioambiental na xestión da auga os programas internacionais de cooperación ao desenvolvemento, e o anuncio do curso de verán que ESF organizou un ano máis en Vigo (cuns 50 alumnos) e as charlas esfeiras de principio de cada curso. Non vos perdades as "vídeo-entrevistas" a voluntarios que xa se empezaron a facer, e o Camiño polo Pacto Galego contra a Pobreza.
BLOG NICARAGUA
Neste mes visitamos coa poboación beneficiaria do programa varias fincas que fan boas prácticas agrícolas (porque e mellor velo que que cho conten), estivemos nos obradoiros de hixiene e educación ambiental cos nenos de Sasle e Los Horcones, e podemos ver as primeiras capacitacións da FASE III do programa en Nicaragua, programa que remata este ano 2010. Os PCR nicas xa están de volta, pero seguirán contándonos cousas da súa experiencia aló.BLOG HONDURAS
No mes de setembro en Honduras choveu, e moito. Nesta época e até novembro veñen as peores tormentas tropicais, que causaron xa inundacións bastante catastróficas, como nos contan as PCR. Tamén podemos entrar xa a páxina web lo proxecto de Sistema de Información Xeográfica FONSAGUA, que lidera o CartoLab. Tamén hai un interesantísimo resumo do que se está desenvolvendo agora mesmo en Honduras (que como son bastantes cousas pode ser lioso, e nesa entrada o aclara todo moi ben). Poderedes coñecer o novo proxecto de Desenvolvemento Agropecuario que comeza en Honduras (antes os proxectos eran só do sector Auga Potable e Saneamento, pero agora diversificámonos). Disfrutaredes das festas patrias hondureñas, e coñeceredes ao coche da nosa expatriada (Lolita), ademais de ver máis profundamente as actividades concretas que as PCR están a realizar.
BLOG ASIGNATURA DE COOPERACIÓN DA UDC
Nunhas merecidas vacacións, non deixedes de consultar este blog se andades á busca de enlaces e referencias interesantes a vídeos, libros, etc.
OUTROS ENLACES DE INTERESE
Auga
Publicación digital. Derecho al agua. Implementación del derecho humano al aguaRecursos Organización Mundial da Saúde
El pueblo australiano que lleva un año sin beber agua embotellada
Comunicación para o (como) desenvolvemento
180 grados en Anesvad: comunicar para cambiarIdeas para la participación de calidad
El peligro de las historias humanas II
Hacia una comunicación para la participación
¿Tu organización social necesita un Community Manager? Algunos consejos
Cooperación e solidariedade 2.0 en Galicia
Consumo responsable
Zapatero daría un gran paso hacia el cumplimiento de Kioto eliminando el carbónLos bancos puntúan bajo en sostenibilidad, transparencia y responsabilidad
Cooperación e ONGD
Vídeo. Allá vamos otra vez¿Es cuestionable el papel de las ONG? ¿Y sus ingresos?
Axuda envelenada
Dona si te emociona
Los países ricos no son los responsables de que otros países sean pobres
Mercaderes de la caridad
Educación para o desenvolvemento
Galicia: USC: As eleccións e a educación para o desenvolvemento (aquí podedes ver a carta que ESF enviou aos candidatos ao rectorado da USC antes das eleccións de )Aula SED. Biblioteca de recursos de Educación para el Desarrollo
Iniciativas
Publicación. Relaciones empresariales con comunidades locales y ONGVigilando a los vigilantes
Investigación para o desenvolvemento
Laboratorio do Territorio da USC (LaboraTe)Mundo
India se tiñe de verdeEncuesta de Hogares para la Medición de la Pobreza en Nicaragua, FIDEG 2009
Honduras en lucha
Dos minas de uranio vitales para los reactores atómicos franceses
Relato sahara esfeiro
Políticas e modelos de desenvolvemento
La brecha entre el activismo social y la política de partidoLibro. Decrecimientos. Sobre lo que hay que cambiar en la vida cotidiana
10 consejos para entrar en resistencia por el decrecimiento
Decrecimiento
Sensibilización
Vigo sin hogar (y por la vena)Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
Vídeo-conferencias. III CONGRESO de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en GalizaLas quemas
La vulnerabilidad de nuestro sistema alimentario y varias claves para hacerle frente (Vídeo)
Micro-video: “On”. Por el reconocimiento de la Deuda Ecológica y la defensa de la Soberanía Alimentaria
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
De aquí no pasasMicrosoft ataca la soberanía tecnológica de Latinoamérica
Mapa de Salud de Honduras
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Ollas de barro cocido, sistemas eficientes de riego
Famosos proyectos de hardware libre
Microcréditos = mega beneficios... pero no para el desarrollo
Voluntariado
Operación retorno: 10 normas básicas de tráfico emocionalVídeo. A Árbore e o Rapaz - Atitude diante do problema!
NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se vos interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podedes solicitalas para préstamo).Género y cooperación descentralizada: Recomendaciones para la armonización de la AOD. Alioska Vanessa Pérez Baldovinos
Pacto de estado contra a pobreza
Rexistro de cooperantes galegas/os no exterior. Informe. Septembro 2010. Xunta de Galicia. Cooperación Galega.
E NO PRÓXIMO MES ...
DESTACADO. CAMIÑO POLO PACTO GALEGO CONTRA A POBREZA
11 de outubro: comeza o Camiño cara o Pacto Galego contra a pobreza. Etapa Sarria-Portomarín.
12 de outubro: Portomarín-Palas de Rei
13 de outubro: Palas de Rei-Arzúa
14 de outubro: Arzúa-Pedrouzo (O Pino)
15 de outubro: Pedrouzo (O Pino)-Monte do Gozo
2 de outubro: Día Internacional da Non Violencia
16 de outubro: Día Mundial da Alimentación
Para máis info sobre cursos e eventos consultade a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
A pobreza non é natural, creouna o home Nelson MandelaConferencias Informativas para presentar ESF na Coruña
A primeira delas, tivo lugar o xoves 30 de setembro de 2010 na Fundación Caixa Galicia da Coruña, foi presentada por Carmen Molejón e Noela Mouriño, a ela acudiu unha gran representación de menbros de ESF (incluso doutras sedes) así como público en xeral.
A segunda cita tivo lugar o luns 4 de outubro de 2010 na Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña, foi presentada por Carmen Molejón e Roi Carballido, e contou coa participación de numerosos alumnos así como tamén membros de ESF que contaron as súas experiencias como voluntarios desta asociación.
Os métodos de difusión empregados, permitiron que numerosos alumnos se achegaran chamados polas suxerentes invitacións que foron deixadas nas distintas aulas da Escola de Camiños. Pero tamén contamos coa colaboración de medios de comunicación como El Ideal Gallego e La Opinión de A Coruña que contribuiron a difundir ambos eventos a través das súas páxinas.
As conferencias tiveron como fío conductor o concepto de ser voluntario, e foise dando resposta a preguntas tales como: "Por qué unha persoa é voluntaria?", "Que significa ser voluntario?", "Para que ser voluntario?" ou mesmo "Como e onde se pode ser voluntario?", etc..
Ademáis comentouse que ESF Galicia está formada por xente moi diversa pero que todos os seus membros permancen unidos porque son conscientes de que cada vez existe máis desigüaldade no sistema mundial actual e sinten disconformidade, inquedanza e preocupacións ante esta situación; ademáis buscan outro tipo de información que normalmente non se proporciona nos medios de comunicación habituais nin se preocupan en darnos no sistema de educación convencial.
Ante todo isto pódese adoptar unha actitude pasiva ou activa, como dicía William George Ward: "O pesimista queixase do vento, o optimista espera que cambie e o realista axusta as velas". Así pois, un voluntario sería aquel que actúa dunha forma realista, activa ou proactiva; convertendo a "vontade" nunha forza motiz máis poderosa que calquera outra (o vapor, a electricidade ou mesmo a enerxía atómica).
Un voluntario é en definitiva, aquela persoa que, no seo dunha organización, leva a cabo accións e actividades líbremente e dun xeito desinteresado, sen percibir ningunha prestación económica a cambio. Pero ademáis, o voluntario debe comportarse como cidadán de pleno dereito e polo tanto ser responsable do que pasa ao teu arredor, actuando con coherencia.
· Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.
Campus de Elviña, s/n. A Coruña.
981 16 70 00 Ext.: 1479
info@galicia.isf.es
http://www.galicia.isf.es
5 oct 2010
Videoentrevista: Roi Carballido presenta a Asignatura de Cooperación para o Desenvolvemento
Na seguinte videoentrevista da serie, Roi Carballido presenta a asignatura de Introdución á Cooperación para o Desenvolvemento que se leva a cabo na Universidade da Coruña.
Esta asignatura lévase realizando na Escola de Camiños dende hai en torno a 10 anos. Nela trátanse dende temas básicos da cooperación -cómo se xestiona a Axuda Oficial ó Desenvolvemento- ata cuarto mundo ou experiencias de proxectos no Sur.
Máis info:
4 oct 2010
Curso gratuito cooperación para o desenvolvemento en Lugo
Horario: días 19, 20, 21 en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas e o día 22 de 10:00 a 14:00 horas.
Organizamos el curso Asamblea de Cooperación por la Paz Galicia y Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, y colaboran la Xunta de Galicia-Dirección Xeral de relaciones exteriores e coa Union Europea, Cooperación galega, y la Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua de la Universidad de Santiago de Compostela
La inscripción es gratuita, y se debe enviar un curriculum y una carta de motivación al correo: galicia@acpp.com
1 oct 2010
Temas tratados en la lista de correo Xunta Directiva. Julio-Agosto 2010
Reunión de Junta Directiva el 4 de julio
En la que estrenaron cargos la presidenta, Inés Mera y la vicepresidenta, Rebeca Rey.
Votación mediante el procedimiento de urgencia
Se aprueba la adhesión de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia al manifiesto contra la presidencia de Paul Kagame (presidente de Ruanda e imputado por genocidio, crímenes de guerra, etc) de la próxima reunión de revisión de los Objetivos del Milenio, así como el apoyo para que la Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras suscriba este mismo documento.
Petición de información
Un chico nos envía un cuestionario para su trabajo de asistencia legal en las ONGs relacionadas al área social. Se le escribió para decirle que no podíamos ayudarle, en este tema en concreto por no ser nuestra área de desarrollo, pero que si podíamos hacerlo en otra oportunidad que estaríamos encantados.
Memoria Federal 2009
Desde la federación informan de que ya está impresa la memoria federal del año pasado y que cada ISF puede pedir ejemplares.
Programa formativo: Planificación Estratégica
Curso ofrecido por Socialia que podría interesar ya que estamos en proceso de redacción de la nueva plani, pero se descarta la idea porque cuesta 750 €.
Comisión de Programas Internacionales de Cooperación al Desarrollo
Sergio envía el acta de la reunión de la comisión de PICD que tuvo lugar el 28 de julio en la ETSE con la participación de representantes de los grupos de agua-Honduras, agro y energías.
Contenidos de la wiki
Hay ya información sobre las diferentes comisiones pero faltaría introducir, entre otras cosas, las funciones de cada uno de los miembros de Junta Directiva.
Memoria de actividades ESF Galicia
Se cuelgan en la web las memorias correspondientes a los años de 2006 a 2008. La de 2009 está pendiente de unos retoques por parte de Quique, el anterior presidente.
Estatutos modificados de ESF Galicia
El 12 de agosto se recibió la inscripción en el Ministerio del Interior (Registro Nacional de Asociaciones) de los estatutos modificados en marzo del 2009.
Actualización sede Vigo
Se renuevan los cargos de coordinador de sede y de voluntariado por la marcha de voluntarios y quedan 2 personas en el grupo de Educación para el Desarrollo y 4 en el de Energía.
Acta comisión de incidencia y "Camiño contra a pobreza"
Sergio envía el acta de la reunión de la comisión de incidencia de la coordinadora en la que se habla de hacer el Camino de Santiago a modo de reivindicación social para conseguir que los políticos firmen el "Pacto Galego contra a Pobreza".
Llamada de Médicos del Mundo
Sobre redacción de presupuestos para el año que viene
Se está desarrollando una aplicación para la planificación presupuestaria anual y se planteas varias cuestiones:
¿Cómo se van a repartir los gastos generales?
¿Los gastos de voluntariado se consideran estructurales de la asociación?
Convenio indicadores de transparencia con la Federación
La Federación de ISF quería suscribir un convenio con alguna ISF para dar seguimiento al tema de indicadores de transparencia y buen gobierno que todas las asociaciones deberemos cumplir en dos años. Al final no va a haber dinero, pero se valora la posibilidad de que nos presentemos igual dado el ofrecimiento de Paola, la secretaria técnica.
Propuesta de prácticas Becas Leonardo
Un chico italiano está interesado en hacer prácticas con ESF dentro del programa de becas Leonardo. (Esta noticia está un poco desfasada porque creo que Simone ya está por el local...). Se habla sobre elaborar un convenio para prácticas dado que cada vez hay más demanda.
Junta Federal por Skype
En la que dos vocales, Pepe y Lalo, pertenecen a ESF Galicia y nos informarán de lo que se hable.
Despedida de Acción contra a Fame
Con motivo del cierre de la delegación se debate qué hacer para despedir a Isabel, al final se optó por una llamada telefónica.