5 nov 2010

Reunión de Sede na Coruña / Outubro 2010

O xoves, 28 de outubro de 2010 celebramos na Coruña a primeira reunión de Sede deste curso 2010/2011.

En primeiro lugar falouse de que trataremos de facer unha reunión similar cada mes, para intentar que todos os voluntarios participemos e coñezamos de primeira man a situación de cada grupo de traballo, dende as necesidades e problemas que poidan ter ata as actividades que están a levar a cabo. Tentando conseguir que todos teñamos unha visión xeral de como está a asociación, evitando así, que a labor do voluntario se vexa limitada exclusivamente ao seu grupo de traballo.

Acordouse que o día da semana elexido para a celebración destas reunións de sede irá alternándose entre mércores e xoves (para atender ás necesidades e limitacións de horario da maioría). Así pois, a reunión de sede do próximo mes de novembro será un mércores.

Propúxose a todos os grupos que poden facer uso do tempo que en cada reunión de sede se adique á formación, para realizar actividades máis específicas de cada grupo pero que teñan interés para toda a sede.

A continuación fíxose unha presentación de cada grupo de traballo (os membros que conforman cada un dos grupos, podedes velos na presentación que vos adxunto).
· EpD/ICD: (5 voluntarios)
[Educación para o Desenvolvemento / Introducción á Cooperación para o Desenvolvemento]

O seu coordinador, Juan Domingo Quintela comentounos que nas primeiras reunións que levan realizadas, fixeron balance do curso pasado mediante o análise das enquisas realizadas ao longo do curso. Están pendentes de confirmar o número de clases das que dispoñerán este curso (hai controversia entre o horario da Titulación de Camiños e do resto da Universidade) e tamén esperan reunirse o mes que ven con membros da OCV (principal financiador) para discutir si se mantén o acordo que hai firmado con eles.

· GAT: (9 voluntarios)
[Grupo de Administración e Tesourería]

O seu coordinador, Fran Puga, explicou a grandes rasgos en que consiste todo o traballo que levan a cabo dende o seu grupo (a xestión económica, o control de contas, ...). Tamén fixo fincapé en que estaría ben ter 1 voluntario máis para o tema de contabilidade, o ideal sería que fose unha persoa interesada en formarse nese campo durante un período de 2 anos.

· GSI: (1 voluntario)
[Grupo de Sistemas de Información]

O seu coordinador, Iván Lago, fixo referencia á importancia do emprego dun sistema operativo aberto e gratuito así como os motivos polos que en ESF debemos de traballar con Software Libre. Tamén nos informou da posible incorporación de novos voluntarios que farán medrar o número de membros deste grupo.

· PICD: (8 voluntarios)
[Programas Internacionáis de Cooperación para o Desenvolvemento]

Asistiron 2 membros deste grupo, Sergio Gómez e Marta Pardo, quenes nos contaron os temas que levaban tratados ata o momento nas correspondentes reunións do seu grupo.

· SENSIBILIZACIÓN: (5 voluntarios)

A súa coordinadora, Cristina Couce, comentounos que o grupo está inmerso na preparación e xestión do tema das postais de nadal, para o que fixo un chamamento a todos para que presenten posibles deseños de postais. Tamén teñen previsto realizar 2 conferencias antes de que remate o ano (eventos que anunciaremos próximamente). Tamén mostrou a súa preocupación polo escaso número de membros, pois considera que poderían non ser suficientes para levar a cabo certas actividades que requiren unha preparación considerable.

· VOLUNTARIADO: (3 voluntarios)

A súa coordinadora, Carmen Molejón, comentou as actividades que organizou este grupo no que vai de curso: As charlas de presentación (campaña "Faltas Ti") dirixidas á captación de novos voluntarios, a preparación da reunión de sede e a colaboración na reactivación da Sede de Ferrol, entre outras. Tamén fixo fincapé na importancia de seguir o protocolo de que os novos voluntarios pasen sempre previamente por este grupo.

Unha vez analizada con detalle a situación de cada grupo, levouse a cabo a formación, consistente na planificación. A través dunha presentación que incluía unha actividade grupal, Carmen Molejón, explicounos porqué e para qué se planifica, como se planifica, qué é un obxectivo, unha actividade, etc...


A continuación, presentouse a ferrementa (elaborada por Quique Benavides) que teremos que empregar para facer a planificación de cada grupo. Pódese accede á mesma a través da seguinte ligazón:

E finalmente, dende o grupo do GAT, Marta Leira, explicou algúns temas relacionados cos presupostos de cara á planificación presupostaria dos grupos.

Despois, un número importante de asistentes á reunión de sede, decidiron rematar a xornada realizando "actividades vertebrativas".

2 comentarios:

Sabela dijo...

Y sobre los actos vertebrativos posteriores no se comenta nada?? :D

Lara dijo...

eso eso .... porque os concemos y queremos información...de las reuniones de sede... y de la cosmica que ya estais tardando...