No evento participou un importante elenco de entidades sociais da cidade, como ONG's ou organizacións nas que o voluntariado é protagonista. A presenza de todas elas converteu o encontro nun espazo moi plural e xunto coas actividades organizadas por parte do Concello da Coruña (entidade organizadora) pódese concluir que o Espazo Solidario 2011 foi todo un éxito, pois cabe mencionar que aínda que pola mañá a participación foi máis ben escasa, pola tarde, viuse considerablemente incrementado o número de participantes.
Así pois, foron numerosas as persoas que se pasaron polo stand de ESF Galicia para interesarse pola asociación e repartíronse trípticos “Quen Somos”, Manifestos do Sahara, trípticos de “Fiare” e ata incluso chapas como agasallo ás persoas que participaban nalgunha das actividades propostas: A da Pegada Ecolóxica e unha actividade relacionada coa reciclaxe que foi a que máis éxito tivo por parte dos participantes. No caso concreto de ESF Galicia, a cita serviu para:
- Dar a conocer ESF Galicia como asociación, as actividades que se realizan a través do nosos materiais (actividades, xogos...).
- Captar novos voluntarios.
- Sensibilizar sobre diversos temas.
- Interactuar con outras ONG's e organizacións.
- Visibilizarse no ámbito social do voluntariado da cidade da Coruña e ante os poderes públicos.
- Porqué as persoas voluntarias non acaban de implicarse neste tipo de eventos?
- É posible que os voluntarios non crean na utilidade deste tipo de eventos?
- Paga a pena que ESF Galicia participe nestes eventos?
Qué opinades vos???
1 comentario:
Por supuesto que vale la pena!! Trabajo en red, comunicación externa y "formación" de sede como grupo!! Tres cosas muy importantes!
No creo que el problema sea la falta de interés del voluntariado sino que estas actividades no se incluyen en el día a día de los grupos y a veces llegan en momentos de máximo estrés y los grupos no dan a basto... Quizás, si esto se considera importante para ESF (en mi opinión sí que lo es) era conveniente hacer un calendario de estas actividades en las que ESF participa habitualmente cada año(Espazo Solidario en Coruña, Foro de ONGs en Santiago, etc)a principios de curso para que los grupos las tengan en cuenta en su planificación y así no pille tan por sorpresa... Quizás eso podría funcionar.¿? Claro, todo esto si consideramos que es estratégico. Sino, no vale la pena el esfuerzo... ;)
Publicar un comentario