9 feb 2011

Tácticas sorprendentes de captación de fondos para unha ONG

Alguén recibiu estes días a visita duns "comerciais" de SOS-AldeasInfantiles?.

Eu recibinos onte pola tarde e quixera comentalo porque me pareceu algo sorprendente, tratándose dunha ONG. Sorprendente porque o funcionamento dos "comerciais" era prácticamente idéntico aos de R ou os da compañía do gas.

Eran dous rapaces, simpáticos, sonreintes, cun peto da ONG e un carné colgado. A entrada con pinta de ser unha táctica, algo burda, pero estudiada: chámante por un nome (luis no meu caso) se acertan supoño que contan cunha certa complicidade, se fallan broma preparada, continuan "supoño que eres pai", non, "entón eres fillo ..." e continuan coa consabida retahila de tópicos sobre a nenez, a importancia de axudar aos nenos de aqui que tamén están necesitados e bla, bla, bla. En resumo bastante pesaditos, obrigándote a dar explicacións de porque non te da a gana de asociarte por só 10 euros ao mes, buscando acurralarte con preguntas e respostas con toda a pinta de ser dun argumentario preparado, etc.

Como xa vos digo costoume desfacerme deles e na conversa surxiron un par de datos que me parecen curiosos: 1) eran asturianos (non terán personal local?) e 2) iban "a comisión" según dixeron.

Saudos.

6 comentarios:

alicia dijo...

Pois non me sorprende. Ando agora buscando traballo na área de comunicación de calquera ONG e vexo moitos postos nos que se require un perfil de Marketing especializado na Captación de Fondos. As grandes organizacións, como neste caso, asumen un modelo moi empresarial de traballar a comunicación externa, sen filtrala polos mecanismos da sensibilización e a incidencia; máis ben pasando polo sentimentalismo e paternalismo.

Sergio dijo...

Pois si é moi habitual como estratexia de captación de fondos (agora lle chaman fundraising), onde estase a chegar a case un "todo vale" por manter as estructuras que en parte viñeron dadas por unha boa época económica, o que hai pouco vin chamar burbulla solidaria.

Hai ferramentas de incidencia e sensibilización que proveñen do mundo do marketing e que tamén se empregan con éxito na loita contra a pobreza, sobre todo para difundir problemáticas (para traballar as causas e os cambios é máis útil, na miña opinión, a Educación para o Desenvolvemento, pero iso leva máis tempo...).

Aínda así, tampouco debe valer todo, e un dos campos no que máis claramente isto está a debate é precisamente na captación de socios (onde o modelo anglosaxón de solidariedade individual e voluntaria fronte as subvencións públicas fai que o "emocionar" sexa unha estratexia que se usa sen tapuxos, o libro Homer Simpson para ONG é un exemplo, se vos interesa pedídemo), pero tamén temos outros como o xa coñecido da revista Dar (no que por certo penso que algún dos artigos agora polo menos mencionan algo sobre o entorno e problemática algo máis profunda, non vos perdades o dos masai e a tecnoloxía a ver qué vos parece).

A miña opinión é que o xeito de facer as cousas é moi importante á hora de transmitir coherencia, sobre todo en organizacións e movementos sociais que perseguen uns obxectivos e que teñen uns principios determinados (supoño que SOS non ten entre os seus principios a movilización de base social para buscar cambios aquí, senon captar fondos para proxectos internacionais e xa está).

Anónimo dijo...

RELACIONADO:
http://www.diarioliberdade.org/index.php?option=com_content&view=article&id=6426:grandes-ongs-transnacionais-exploram-mocidade-galega&catid=8:reportagens&Itemid=24

Anónimo dijo...

O fundraising

As empresas que operam o sector económico chamado fundraising trabalham conseguindo fundos para entidades sem fins lucrativos. A organizaçom, que pode ser umha ONG, umha fundaçom... contrata, e portanto paga umha retribuiçom, à empresa, para ela captar @s sóci@s ou conseguir os contributos económicos. Será a empresa do sector do fundraising que contratará trabalhadoras e trabalhadores para fazer, normalmente na rua, a captaçom.

O fundraising é, aliás, umha ferramenta que pode ser mui útil para as ONGs que nom querem dar umha má imagem, mas que acham as boas práticas umha "limitaçom". Será a empresa que contrate precári@s, que ponha em prática técnicas agressivas... para a organizaçom angariar fundos. Neste artigo daremos mostras de que isso está a acontecer no nosso país.

Agustín dijo...

Buff ¡
Pois me parece que este non é, independentemente da opinión que mereza, un "sistema sostible".
Pode ser que as ONG's que o practican consigan bastantes fondos así, pero de aqui a uns anos, co desprestixio social que vai conlevar esta práctica vai ser moito peor (é decir como a sobreexplotación na pesca, pan para hoxe, fame para mañá).

Temo que o comentario que fixen sobre que os "comericais" eran asturianos se malentenda. Quería decir que me da a impresión que mandan asturianos para aquí para que non teñan "vergonza" de facer así ese traballo, igual que seguramente manden galegos a asturias polo mismo motivo. De esto non teño ningunha proba pero non me extrañaría que fose outra de "esas" tácticas.

Patricia Iglesias dijo...

a min plantéanseme moitas preguntas.. como ONG's debemos recorrer ao marqueting empresarial? Vale todo para captar fondos? Qué criterios se sigue para contratar a esa xente (xa non digamos das súas condicións laborais)? Qué conocemento teñen da asociación para "vendela!? Están verdadeiramente sensibilizadas sobre desigualdade e pobreza? corremos o risco de non diferenciarnos? que nos metan a todas no mesmo saco? para poder ser independentes economicamente dos gobernos (e polo tanto ser non gubernamentais) é a única saída que nos queda? ser comerciais da pobreza??? preocupante...