- quén somos? por quén estamos formados, cómo nos organizamos, qué queremos facer, cara onde diriximos as nosas enerxías, cal é a nosa misión, cales son os nosos principios e valores, os ámbitos nos que traballamos e cómo.
- de onde vimos? como nos condicionou o noso pasado inmediato, cómo chegamos aqui? somos o resultado de experiencias pasadas, podemos observar tendencias.
- cara onde vamos? ónde queremos traballar, en qué temas, sectores e sobretodo cómo, as formas son importantes, é dicir, cal é a visión, cómo nos vemos nuns aniños.
Esa é a planificación estratéxica, que está intrinsicamente vinculado aos valores da asociación, a misión, a visión, as estratexias.
O proceso de planificación estratéxica é contínuo e orientado a longo prazo. Nun primeiro momento, trátase de definir a misión ou razón de ser que xustifica a existencia da asociación, de analizar o noso entorno externo e a propia organización. A confluencia destos tres elementos posibilitará o desenvolvemento da planificación estratéxica, a cal dará lugar a determinación dos obxectivos estratéxicos e as liñas principais de actuación orientadas a súa consecución, ou plan estratéxico. Deste plan derivarán os obxectivos estratéxicos e liñas de actuación principais para cada función. Loxicamente, para a execución do plan estratéxico, estes teñen que esfarangullarse en actividades máis concretas e obxectivos mensurables a máis corto prazo, ou metas.
E xa por ultimo, unha obviedade, a estratexia escollida pola asociación incide necesariamente sobre a actividade desenvolvida por esta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario