Dentro da campaña Mes da Sustentabilidade, Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza unha mesa redonda na que se abordarán, entre outras cousas, os puntos controvertidos da nova Lei de Augas de Galicia, vixente dende finais de 2010. O obxectivo é achegar á poboación en xeral e máis concretamente á universitaria o debate que está tendo lugar (tamén no seo da asociación) sobre un tema clave dende o punto de vista social e ambiental como é a xestión da auga.
Co obxectivo de poñer algo de luz, aportar o maior número de opinións e tocar moitos dos puntos de vista que se están a dar no debate, ESF Galicia conseguiu reunir para este evento a algunhas das persoas máis implicadas nese debate e tamén a algúns expertos e organizacións que poden aportar novas visións:
- D. Francisco Menéndez, Presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia.
- D. Joaquín Suárez, Dr. Enxeñeiro de Camiños, profesor na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños e membro do GEAMA, Universidade da Coruña.
- D. Manoel Docampo, membro da dirección executiva do Sindicato Labrego Galego.
- Dna. Montserrat Valencia, asesora xurídica da Asociación Amigos da Terra.
- D. Xosé Alfredo Pereira, Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
- D. Henry Laíño, coordinador regional de Aquagest.
A cita será o xoves, 31 de marzo de 2011 ás 16:00h no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña (Campus de Elviña, s/n. 15.071 – A Coruña).
6 comentarios:
Noraboa!!! Poucas veces hai oportunidades de presenciar unha mesa redonda tan interesante na que estén representados todos os axentes e posturas
Enhorabuena a todo el grupo responsable, porque es un gran oportunidad para todos, al mismo tiempo que supone todo un reto y una importante responsabilidad para todos. ¡Allí nos veremos!
Qué buena pinta! Es a las 16:00? En algún sitio había visto que era a las 16:30. Cuánto tiempo se espera que dure. Jo, no sé si llegaré...
Ao final será ás 16:00, e non durará máis de un par de horas.
había que buscar a maneira de que se poida transmitir online!!!!!!
no sé si retrasmitirla online, pero al menos colgarla para que se pueda ver....
Publicar un comentario