25 mar 2011

Mesa Redonda sobre a Lei de Augas de Galicia


Dentro da campaña Mes da Sustentabilidade,  Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza unha mesa redonda na que se abordarán, entre outras cousas, os puntos controvertidos da nova Lei de Augas de Galicia, vixente dende finais de 2010. O obxectivo é achegar á poboación en xeral e máis concretamente á universitaria o debate que está tendo lugar (tamén no seo da asociación) sobre un tema clave dende o punto de vista social e ambiental como é a xestión da auga.

       Co obxectivo de poñer algo de luz, aportar o maior número de opinións e tocar moitos dos puntos de vista que se están a dar no debate, ESF Galicia conseguiu reunir para este evento a algunhas das persoas máis implicadas nese debate e tamén a algúns expertos e organizacións que poden aportar novas visións:

A cita será o xoves, 31 de marzo de 2011 ás 16:00h no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña (Campus de Elviña, s/n. 15.071 – A Coruña).

6 comentarios:

Marta G dijo...

Noraboa!!! Poucas veces hai oportunidades de presenciar unha mesa redonda tan interesante na que estén representados todos os axentes e posturas

Gonzalo Martínez Crespo dijo...

Enhorabuena a todo el grupo responsable, porque es un gran oportunidad para todos, al mismo tiempo que supone todo un reto y una importante responsabilidad para todos. ¡Allí nos veremos!

Unknown dijo...

Qué buena pinta! Es a las 16:00? En algún sitio había visto que era a las 16:30. Cuánto tiempo se espera que dure. Jo, no sé si llegaré...

Sergio dijo...

Ao final será ás 16:00, e non durará máis de un par de horas.

Santi dijo...

había que buscar a maneira de que se poida transmitir online!!!!!!

Lara dijo...

no sé si retrasmitirla online, pero al menos colgarla para que se pueda ver....