17 abr. 2011

De ESF e coches...

ESF e o seu voluntariado lémbranme a un coche (eléctrico cargado con electricidade procedente de enerxías renovables en baterías totalmente reutilizables, claro ;-D).




 Extraído do flickr de Jelene


ESF é unha ferramenta para o cambio, igual que o coche é unha ferramenta para transladarnos (aínda que ás veces se lle dé máis importancia á ferramenta que ao obxectivo, o cal soe ser un problema, tanto no caso dos coches como no das organizacións...). A súa enerxía é o voluntariado finalista e formado, que se retroalimenta e se autodesenvolve (por medio de non se sabe qué extranas reaccións socio-químicas...).

E si, ESF (e en xeral as organizacións) tamén ten marchas. En ESF poderían ser:


Extraído do flickr de norolan
 
- Primeira: onde se trata de reforzar a base social, mellorar a súa formación e apóstase moito por formación interna, tertulias e organización xa de pequenas actividades externas.

- Segunda: onde se empeza a ser máis ambicioso coas actividades externas e comeza o traballo en redes con pequenas participacións puntuais.

- Terceira: empezan as preguntas, por que facemos o que facemos? onde queremos chegar? como queremos facelo, vale todo? Empeza a falarse de certos plantexamentos filosóficos e estratéxicos. Aumenta a visibilidade das accións externas, que son máis ambiciosas e se interacciona máis con outros axentes sociais (redes, universidades, outras ONG, etc.).

- Cuarta: esforzo en ter unha planificación estratéxica compartida e revisable, impulso de novos nodos xeográficos e sociais que acompañen a esa visión estratéxica e salto de calidade das accións.

- Quinta: fortalecemento da visión estratéxica, revisión e medición de impactos. Debate e repensamento. Accións de calidade e máis traballo en rede.

- Sexta (como un bólido): espiral de mellora continua. Accións medidas de impacto sobre públicos cada vez maiores pero dentro dun ámbito no que se é referente. Referentes tamén nunha grande rede con diversos axentes sociais para lograr a transformación social.


A marcha atrás non existe, aínda que si é tan importante o saber reducir de marcha cando non se ten "enerxía" suficiente (para que non "se nos quede" ou "se achique" o coche) como atreverse a subir de marcha cando hai moita enerxía (e se nos revoluciona demasiado o motor, que pode gripar se non aumentamos a marcha). E tamén son importantes os períodos de punto morto de transición entre marchas (para meter ben a seguinte marcha e que non "rasque") ou os cambios de marcha nos momentos en que a cousa se pon máis "costa arriba"...

Que pensades da metáfora? En que marcha credes que estamos?

11 comentarios:

Chelo dijo...

Cómo mola Sergio!! =) Yo diría que a caballo entre la 4ª, 5ª y 6ª o me estoy tirando mucho de la moto? jeje

Xakobino dijo...

jajajajjajaja

que xenial!!!!

Isabel Somoza dijo...

Moi bo, Sergio. Eu diría que imos en terceira, xa metemos 4ª, pero tivemos que volver reducir

Daniel dijo...

Muy buena la metáfora, encaja muy bien todo en la comparación coche-organizaciónESF (sobre todo porque lo has hecho encajar wai con la descripción de las marchas)
Yo diría que estamos en 5ª, acercándonos al momento de revoluciones altas y pisar el embrague hacia la transición del punto muerto! jejeje ;)

Daniel dijo...

jejeje muy optimista estoy yo hoy parece!

Patricia Iglesias dijo...

pois eu diría que estamos en quinta, pasamos de punto morto e metemos quinta.. a ver se somos capaces de manternos o suficientemente revolucionados para non ter que baixar de marcha.. só o tempo na estrada da vida nolo dirá..

Noraboa pola metáfora, que siga xurdindo a creatividade!!!

Anxo dijo...

Encantoume o simil, é a ostia, eu penso que sería moi positivo analizar en que marcha vai cada grupo. Eu vou facer referndum en Lugo, haber que me contan????

Cova dijo...

Qué bueno Sergio :)) una entrada muy currada. Estoy de acuerdo con Anxo los de Lugo vamos en segunda, todavía nos queda bastante pero poco a poco :P

Nati dijo...

Moi boa, si señor, moi boa. E ata lle podemos meter as reparacións no taller con períodos de descanso e reflexión (e vertebración!) e os cambios e reparación de pezas desgastadas por outras novas.

Isabel Somoza dijo...

Pois despois de ler esta entrada no blogue (http://esfgalicia.blogspot.com/2011/04/outra-subvencion-entregada.html) non me queda outra que desdicirme do que ESF vai en 3ª

Sergio dijo...

Pois eu penso que estamos cambiando de marcha agora mesmo para meter a quinta!!!