15 abr 2011

Presenza VII Xuntanza Tecnolóxica en Ferrol

Boas!!!

Como sabedes os pasados xoves e venres 7 e 8 de abril tivo lugar en Ferrol a VII Xuntanza Tecnolóxica Empresa-Universidade na Escola Politécnica de Ferrol (onde se estuda enxeñería naval e industrial) onde o obxectivo principal era establecer unha relación máis profunda e interactiva entre estudantes e as entidades participantes. Ademais cabe salientar que estes stands se complementaron con charlas e mesas redondas onde entre outras cousas debatiuse sobre a viabilidade da enerxía nuclear en España.

Toda esta información podédela etopar máis ampliada na súa páxina web

A información que máis difundimos foi a convocatoria de PCR, en que consiste o proxecto de desenvolvemento que se está a levar en Honduras e que estamos cós brazos abertos a entrada de calquera voluntario/a novo/a independentemente da súa titulación (ou ausencia dela) xa que facemos Enxeñería pero non somos todos/as enxeñeiros; aínda que neste caso dado a temática e a localización da Xuntanza vai ser que eran poucas os/as non técnicos que foron botar unha ollada. Neste senso creo que debería facer unha reflexión blogueira sobre o comportamento da xente, máis incipientemente nas persoas desempregadas ou que están a piques de rematar a carreira que semella que están a vivir nun estado anímico de altos e baixos e de dosorientación (cousa que para os tempos que corren é bastante normal e comprensible) que lles incita a procurar saídas dando paos de cego/a xa que non saben ben o que queren nin que o que lles vai a deparar o futuro; e ese estado de permanente tensión móstrase claramente cando un voluntario/a se te achega todo convencido de que quere ser voluntario/a cós ollos vidrosos coa ilusión e alegando que as horas pasan máis lentas e que hora dun cambio, pero daslle o teu correo para poder quedar un día e falar con máis calma e nunca máis volves a saber nada máis del/ela. É como unha radiografía da sociedade onde sabemos cales son os problemas pero moi poucos/as inciden realmente na súa solución, esa pasividade latente, esa frustración coa que moitos/as non nos afixemos a convivir. Como abordar a estes/as novos/as voluntarios/as potenciais sería unha cuestión de debate, se sería necesario empregar novas estratexias ou outros contidos. En moitas organizacións á hora de captar voluntariado fan referencia aos posibles efectos terapéuticos que ten esta práctica (sentirse útil, apoiado/a, favorece a interacción, o autocoñecemento...) e non sólo para acadar un maior número de voluntarios/as senón para que a xente sexa máis receptiva á nosa filosofía e aos obxectivos que pretendemos alcanzar, que nos apoien aínda que estean fóra; para que nos coñezan e recoñezan, falar o mesmo idioma que a xente da rúa e non ser unha organización que debate cousas efímeras (dende o punto de vista externo a ESF) que empregan vocablos longuísimos, senón un reflexo da sociedade e que interacciona con ela. Hai que achegarse á poboación porque nós falamos e eles/as falan en diferentes idiomas, con outros termos pero ao fin e o cabo a esencia é a mesma; os problemas máis grandes ou pequenos (ou incluso xigantescos como acontece no Sur) teñen solucións semellantes. Temos que pararnos a pensar se o que queremos realmente é obsesionarse para acadar un traballo para logo fundir ese cartos en consumo (canto máis cartos máis consumo: Viva Marinera City!!), vivir para consumir, para gastar... somos felices así? plantexarse cara onde imos e cales son os límites é esencial. Quizais habería que cambiar o discurso e un/unha PCR en vez de falar sobre a mala situación socioeconómica do país X (que tamén) debería de centrarse na felicidade plena que sentiu, a compañía, a verdadeira amizade, a ausencia de ambición, a inocencia, vivir o presente e non o futuro... todo o que che transmite esas comunidades onde traballamos e que en moitas ocasións se califican de parvos, analfabetos, machistas... que adoitan ser negativos e que transmiten a persoas que non teñen nin a maior idea do que alí acontece unha idea deformada ou trabucada do que vivimos.

En referencia a este punto e a modo de exemplo teño que falar daquel xornalista do Mundo que escribía todo cheo que os haitianos/as o mellor que lles podía pasar era morrer xa que a súa vida non tiña sentido no medio desa pobreza da que son incapaces de saír, porque non se saben organizar dende que deixou de ser colonia francesa. En cambio Xapón era un pobo intelixente e organizado cun estado de benestar e que non están acostumados/as a sufrir por elo non merecían a súa desgraza. (Non atopo o vídeo pero saíu en varios programas e telexornais). Este argumento chámase Darwinismo Social onde se defende que os/as máis pobres e débiles deben perecer para que os máis ricos/as, fortes e poderosos/as o sexan máis aínda e que en moitos puntos se asemella ao Neoliberalismo que cada vez é máis acusado no noso país. É preciso facer contra a estas voces que promoven o odio, o racismo e as desigualdades sociais por consideralas naturais; este discurso aínda que para nós sexa aberrante está cada vez máis presente nos programas electorais de partidos políticos. Hai que paralo, non podemos permanecer impasibles o que na realidade está a acontecer.


Despois de esta "expasión" que me deixou coma nova quero destacar que a organización da Xuntanza foi moi boa, a páxina web onde se atopan os datos precisos, a coordinación entre os/as voluntarios/as xa que a resposta as nosas dúbidas foi inmediata e a difusión non tanto nos mass media como "xerarquía política" xa que se achegou o alcande moi receptivo e sonrinte, facendo preguntas.

Aí vos van unhas fotiños:




3 comentarios:

Sergio dijo...

Moi boa reflexión!! Son tempos de desorientación, certo, pero os movementos sociais deben ser un dos vehículos ou espazos onde as persoas compartan esa situación, as causas profundas diso e busquen a transformación. Por iso a acollida de novos voluntarios é un proceso tan importante, e ao que hai que enfrontarse coa mente moi aberta e sen prexuizos.

Roberto Roget Antelo dijo...

Gracias por esta profunda reflexión, Lore. Sería positivo incidir no subdesenvolvemento do Norte con respecto ao Sur nos aspectos menos materialistas. E apostaría por comentar como foron os procesos de captación dos novos voluntarios nas distintas sedes, e as súas propias sensacións, e compartir procedementos útiles. E moi boa a corrección de Álex!

Patricia Iglesias dijo...

gustame moito esa proposta de cambio de dicurso positivista!!! de cambio de imaxen, que non é que sexa un cambio a nivel interno senon máis ben a nivel externo... que teñamos un discurso critico non significa que fagamos as cousas de xeito divertido, traballando en grupo, sendo imaxinativos, etc (serio non quere decir aburrido). Aqui hai moito debate!!! a imaxe que proxectamos é algo moi importante e que nos define.