5 abr. 2011

SensiCom - Compos remodelando material: nace "Panfletiño"

Como moitos coñeceredes un dos materiais estrela que emprega o grupo de sensi no seu "kit SpS" (Sensibilización para Sáhara) e reparte en tódalas súas actividades, é o MANIFESTO de "Sabes que está a pasar no Sáhara Occidental" no cal se pode atopar información histórica sobre o conflicto e o posicionamento de ESF ó seu respecto.

Pois ben, levamos 2 anos traballando con el, pero como ben "promocionamos" a situación e causa saharaui non está estancada en feitos históricos, evoluciona, e paradóxicamente está estancada porque se non "hai follón" queda oculta á vista dos medios e polo tanto do resto da poboación.

O manifesto non pode modificarse así porque sí, polo que non o modificamos, creamos un novo "panfleto" para poder proporcionar información actualizada de todo o que segue a pasar.

Sen máis decirvos que o noso novo documento, bautizado como "panfletiño" está á vosa disposición!!

[debido a problemas técnicos non puiden subir o exemplo de panfletiño, en canto se resolban suboo]

No hay comentarios: