28 abr 2011

SensiCom rematando a serie de Stands

Boas a todos!!

O xoves 28/04/2011 SensiCom Compos poñerá o seu último stand e será na E.T.S.E.

Decidimos deixar a Escola como último lugar para poñer o stand porque é un sitio onde sempre repetimos e porque nela está o local da nosa sede. Polo tanto pretendemos unha dobre finalidade:

1. Dar a coñecer as diferentes actividades e temáticas, xunto cos proxectos, que ESF leva a cabo.

2. Descubrir ao alumnado da ETSE que na súa Escola existe a sede dunha ONG.

Como mencionei, con este stand cerramos o ciclo de stands programados para este curso. Unha vez o recollamos, contaremos a experiencia que se viviu en cada un.
Este ano fixémosvos esperar un pouco polas ansiadas "aventuras de stand", esperamos non defraudarvos!

Saúdos!!

Grupo de Sensibilización e Comunicación Compostela

No hay comentarios: