Ao fío da campaña promovida por Veterinarios Sen Fronteiras contra a especulación alimentaria por parte dalgunha entidade bancaria, no grupo de desenvolvemento rural de ESF Galicia se fixo unha mini-reflexión-debate (que segue aberto).
A cuestión que se plantexaba era se o promover produtos bancarios deste tipo realmente non pode máis que contribuir á especulación ou podería ser unha ferramenta para asegurar precios mínimos aos campesiños. Ou sexa, na liña do que se promove na tecnoloxía para o desenvolvemento humano: é a ferramenta en si mala porque só se pode usar con un mal fin, ou é malo o xeito en que se está a usar?
Realmente non temos claro se a ferramenta en si é mala ou non, pero o que está claro é que á hora de deseñar unha ferramenta hai que ter en conta o contexto, e prever se vai a facerse un bo uso ou non dela ou vai ser unha ferramenta "ad hoc" para un uso perxudicial para o desenvolvemento das poboacións máis vulnerables. Parece que neste caso está bastante claro...
Ademais estes días fálase bastante destes temas da crise alimentaria como nunha entrevista en El País ou o último informe do World Watch Institut sobre innovacións para rematar coa fame.
2 comentarios:
Esto pode ser de axuda para profundizar no tema
Ferramenta, para que?
Se eu quero unha ferramenta que garanta os prezos aos productores. Deseñarei unha ferramenta para iso.
Se eu o que quero é unha ferramenta rentable, a deseñarei e usarei independentemente de que lle conveña ou non aos productores.
A pregunta é, se plantamos un campo de millo, os fabricantes de biocombustibles pagan 100 euros e os campesiños da zona 10 euros. Que fará o empregadiño que ten que cumprir uns obxectivos para non ser despedido (e facerse cun soldo sustancioso) debido á presión dos "accionistas"?
Que fará outro ao que lle din que os transxénicos son seguros e que duplican a rentabilidade?
Que fará outro ao que lle ofrecen "reducir os gastos de personal"?
Non sei moito do tema, pero para min a bolsa é crear cartos da nada, crear inflacción, e exercer presión para que os productos sexan "rentables".
Publicar un comentario