10 abr 2011

Todo o bo remata: Fin do curso de TCPDH en Santiago


Hoxe rematou en Santiago a VI edición do curso de "Tecnoloxía e cooperación para o desenvolvemento humano", unha edición caracterizada polo bo rollo e compañeirismo que se podía respirar no ambiente (a pesares das intimidantes intervencións dalgún que outro organizador/a chung@....) e pola gran implicación dos alumnos dentro das charlas dando a súa opinión e favorecendo o tan enriquecedor debate.

Por isto, énchenos de orghullo e satisfación o feito de que tanto os alumnos como os propios organizadores o pasásemos tan ben aprendendo, porque esa é a única maneira. Só relacionándonos cos que temos ao lado, compartindo as nosas ideas, debatindo e, en definitiva, pasándoo ben podemos aprender! (hai que ver como nos influíu a charla de Educación para o desenvolvemento e o tan claro que nos quedou que hai que rachar co desfasado modelo de ensino bancario!).

Por último, non nos podemos esquecer dun dos mellor
es momentos do curso, tanto pola ampla temática tratada, como polas sinerxias establecidas, sen esquecer tódalas dinámicas realizadas, é dicir, a cea de clausura!



Nela, ademais de contar con membros de ESF, tivemos o placer de compartir mesa e incluso banco cun importante número de alumnos, que de bo grado celebraron connosco o fin do curso e nos fixeron ver como todo o traballo (feito e por facer
) se ve máis que compensado ao remate destas xornadas.



Así, só nos queda dar as grazas a todos os que fixeron posible que esta sexta edición tivera lugar, tanto aos alumnos, como aos poñentes, como aos organizadores e como a todo aquel que aportou o seu gran de area pra que isto saira adiante.



5 comentarios:

Sergio dijo...

É bo complementar o curso cunha sesionciña de "vertebración" (ou en termos máis académicos, educación informal, jejejeje). FELICIDADES, GRUPASO!

Patricia Iglesias dijo...

moi boa entrada! transmite todo o bo vivido nestes 2 fins de semana, e a cea cos alumnos un puntazo! agora a seguir formándonos como persoas...

Tamén quero facer unha mención especial a xente que colaborou na sombra, no caso da páxina web, Jose M. Iglesias, e a Marta Garrido que fixo os carteis. E despois o apoio de toda a asociación, todos os grupos que colaboraron (agro, auga, enerxía, sensi, etc etc) e persoas a nivel individual. A todos aqueles que difundiron o curso no seu facebook, twitter,.. e sobretodo a sede de compos!!! especialmente ao grupo de sensibilizacion, que tan activamente participaron na organización!!! é tan gratificante facer este tipo de cousas... GRACIAS!!!!

Anónimo dijo...

qué guay!! qué envidia, qué envidia sana jajaja

maría dijo...

A miña participación foi mínima este ano, sinto non haber podido estar máis!!
Realmente foi un gran curso!!!
O traballo dos veteranos é esencial, pero as "novatas" foron extraordinarias!!!

Unha gran entrada Carmiña (estou orgullosísisma de que formes parte do grupo Sensicom!!)

Como di Chelo, ver esto despois, da envidia, da sana!

Aplausos moi merecidos para todos!!

Cristina dijo...

Noraboa!