A continuación, deixamos uns grafiquiños moi reveladores do estado do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio no eido da auga e o saneamento, comparando 1990 e 2008, extraído do Informe Objetivos de desarrollo del Milenio INFORME 2010
En ESF pensamos que, técnicamente, sería posible para 2015 (data límite para acadar estes ODM) mesmo superar os propios indicadores dos ODM no eido da auga e o saneamento se se apostara con convencemento por acadalos dende 1990. Agora só quedan 4 anos e, se ben houbo progresos, queda moito traballo e xa hai que mirar máis aló (e falar de dereito ao auga e saneamento e boa gobernanza do recurso, calidade axeitada da auga e os problemas para medila pola falta de recursos para realizar análises completas en moitas zonas, planificación participativo do recurso hídrico, impacto do cambio climático no acceso ao auga, etc.).
No Golfo de Fonseca en Honduras, ESF desenvolve dende 2008 un programa coa auga como eixo principal, onde ademais do acceso ao auga e saneamento mellorados, se traballa tamén con alcaldías, institucións locais e organizacións da sociedade civil nestes novos (ou non tan novos) retos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario