23 may 2011

CICLO DE AUDIOVISUAL

Os DÍAS 24 E 26 DE MAIO de 18:00 a 21:00 horas, o grupo de

SENSIBILIZACIÓN-COMUNICACIÓN en colaboración co grupo de PROXECTOS

de ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS - Santiago organiza un CICLO DE CINE

no que se proxectarán cortos e películas que pretenden achegarnos e

facernos coñecer outras realidades como a de Centroamérica ou o

Sáhara.

Ademáis, haberá tempo para reflexións, debate, comentarios e mesmo

contaremos coa presenza do profesor de Xosé Manuel Vázquez que nos

dará outra visión sobre os proxectos de cooperación: o impacto nos

lugares onde se levan a cabo e a importancia que ten o coñecemento do

contexto político e social de ditos lugares.

Por todo isto e por moito máis animámosvos a virdes!

Lembramos que os dous días será de 18.00 a 21.00 horas:

- Martes 24 de maio----> na aula A7

- Xoves 26 de maio------> na aula A9


Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, nº 1
Santiago de Compostela

No hay comentarios: