Unha vez máis, a sede de Ferrol participa, xunto con outras asociación da zona, nunha serie de actividades de sensibilización sobre economía sostible.
Quen as organiza?
Axuda en Acción, ESF Galicia, A.C. Fuco Buxán, ONG Lena, Mundo Cooperante e Solidariedade Internacional de Galicia; xuntos formamos a Rede Social Ferrolterra dende hai xa tres anos.
Onde e cando?
O venres 6 de maio, en horario de 17.00h a 21.00h, na Praza de España de Ferrol
Que vos atoparedes?
Obradoiros de reciclaxe e elaboración de xoguetes, música, xogos e dinámicas para nenos e adultos, exposicións e degustación de productos de comercio xusto.
VEN E PARTICIPA!
Agardámosvos...
1 comentario:
E agora van os do concello e nos quitan a carpa que nos prometeran..., sempre igual!!! Pero alí estaremos, cruzando os dedos para que non chova...
Publicar un comentario