3 may. 2011

Proxecto Rios, sábado 7 de maio, anímate!!!

ESF convídavos este sábado, 7 de maio, a vir con nós ao Proxecto Rios, nesta entrada do blogue [1] podedes ver a anterior visita e aqui [2] tedes máis información.

Dunha forma sinxela, ESF colabora con Adega, ca "adopción" dun pequeno tramo de río onde imos facer unha serie de observacións (vexetación, fauna, estado da auga, etc) para despois facer un pequeno informe. Pero basicamente para ESF o proxecto Rios é unha oportunidade de sair da nosa contorna, ampliar miras e sobretodo comer unhas empanadas e botar unhas risas. O que no noso argot se conoce como "vertebración" ;-)

O que soemos facer é quedar pola maña, en torno as 11 da maña (a hora está por concretar) e acercarnos ao río Tambre, a Ponte Albar, a uns km de Santiago. Pola maña facemos as observacións, recollida de lixo, medicións, etc para despois ir a área recreativa de Chaian a comer unhas empanadas. E despois retornar a Santiago ca barriga chea! jeje

Animáte!!! se podes/queres vir, tes que avisarnos para a loxística, e así establecer o nº de coches necesarios e empanadas a mercar ;-)


[1] http://esfgalicia.blogspot.com/search/label/proxecto%20rios

[2] http://www.proxectorios.org/

No hay comentarios: