2 may 2011

Curso de TCpDH en Lugo: O imposible, posible...

Fai agora uns tres meses, o noso coordinador Anxo propúxonos organizar un Curso de ESF. A verdade é que non éramos moi conscientes de todo o que supoñía, para ben e para non tan ben, cando lle dixemos que si.

Os poucos días, xa estabamos os seis voluntari@s (cinco novatos) da sede de Lugo dándolle voltas ó programa de cursos anteriores para ir atopando solucións. O principio non sabíamos por onde empezar: si polas datas, o local, os poñentes, o programa...vaia caos! Menos mal que tiñamos a Anxo que nos ia indicando os pasos para facer todo o necesario para o curso. A verdade é que sin a súa organización e o apadriñamento da sede de Compos (gracias Patri!!) malamente, por non decir que nin de coña, poderíamos ter realizado este curso.

Foron pasando as semanas, e o imposible íase tornando posible. Cando faltaban uns cantos días, tiñamos pechado o programa cos poñentes do primeiro fin de semana e practicamente o do segundo. Só quedaba que se cumplira o esperado e que os alumnos que se apuntaran pola web asistiran finalmente ó curso.



O IV Curso de TCpDH arrincou. Montamos todo o necesario para as ponencias, os alumnos e os descansos. Todo saíu bastante ben, con moitas pequenas cousas que ir mellorando (a organización dos descansos para o ansiado café, a presentación dos poñentes...) pero co fundamental rodando.

Os alumnos superaron con creces as nosas expectativas; involucráronse moito, participaron e creouse un moi bo ambente. Só cabe dicir que rematamos o curso tomando unhas sidrinas escanciadas por Julio, un alumno. En canto os poñentes...chapó! Todos estiveron moi comprometidos e foron grandes coñecedores dos temas que nos viñeron ensinar e reflexionar. Fixeron que a xente participara e se sentira agusto. Gracias a todos!



Este bo inicio viuse continuado no segundo tramo do curso. Seguimos aprendendo e disfrutando de todo o que nos transmitían os poñentes e os alumnos. Intentamos mellorar algunhas cousiñas e fumos tomándo todo con máis calma e confianza.



Despois de pensar en todos os momentos de agobio, os días de reuníons, as moreas de correos a poñentes, os madrugóns dos domigos...compensan con creces as satisfaccións que nos deu poder organizar e mostrar a xente este xenial curso. Sobre todo, valoramos a experiencia vivida, o compañerismo creado entre os voluntaria/os da sede e a oportunidade de coñecer a persoas tan tremendas e que nos aportaron tanto.



Mil gracias a todos os que nos axudastedes a que esta andaina rematara tan ben. Vémonos!!

5 comentarios:

Sergio dijo...

felicidades polo gran traballo! Lugo, unha pequena sede, UN JRAN JRUPO (un lema moi bo que lles "pido prestado" aos de Compos)

tomás dijo...

Rexurdimos!!!

Patricia Iglesias dijo...

Noraboa!!! eso si que foi un bo rexurdimento! tal cual Ave Fenix!! jiji agora a manter o voo (que ten a súa dificultade..)
e gracias a vos pola vosa ilusión, empeño, ganas...

Roberto Roget Antelo dijo...

Parabéns a ese gran grupo do que xa me considero membro adoptivo ;D

Angeles Garcia dijo...

Qué guay!!!
Muchas feliciades!!!