Tralo retraso considerable e nun principio inesperado na resolución das subvencións para diversas accións de cooperación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia, todo se aclarou cando o día 3 de xuño saiu no DOG a redución a case a metade das partidas orzamentarias que estaban previstas para 2011 en proxectos internacionais de cooperación (e que a súa vez xa eran casi un 20% menos que no ano anterior), ademais da eliminación das axudas á acción humanitaria e de emerxencias.
Hoxe algúns dos periódicos fanse eco da rolda de prensa onde a coordinadora galega de ONGD amosa o seu malestar e as próximas actuacións:
- Portada de Galicia Hoxe
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-sociedade/gh/feijoo-dinamita-as-ong/idEdicion-2011-06-15/idNoticia-679068/
- Xornal de Galicia
http://www.xornal.com/artigo/2011/06/14/sociedad/ongd-gallegas-piensan-recurrir-recortes-xunta/2011061423445603904.html
- La Voz de Galicia
http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/06/15/0003_201106G15P34992.htm
- Europa Press
http://www.europapress.es/galicia/noticia-ongd-denuncian-xunta-elimino-convocatoria-ayuda-humanitaria-redujo-45-cooperacion-20110614133015.html
A resposta, desgraciadamente e a pesar da firma a finais de 2010 do Pacto Galego contra a Pobreza por parte dos representantes dos tres grupos políticos do Parlamento de Galicia, é que si, imos a peor, e os recortes que están a darse en case tódolos ámbitos son especialmente importantes en cooperación, non só porque son en proporción maiores, senon que ademais as persoas máis afectadas por eles son as persoas vulnerables dos países máis vulnerables e non están aquí para elevar a súa voz e protestar con caceroladas por algo tan éticamente reprobable e que pon de manifesto a gran desigualdade existente (e que cando vai mal apresurámonos a encerrarnos máis). A cooperación é un imperativo ético e moral, non debe ser algo que se da cando sobra nas temporadas de "vacas gordas".
Sobre todo cando vemos en que se gasta o diñeiro público en demasiadas ocasións!
2 comentarios:
De acuerdo con todo, tan sólo eliminaría el último comentario ya que si vemos algun dinero público que se gasta en cooperación....
También es cierto, pero creo que en un concurso de animaladas no habría color entre las mayores que se hagan en cooperación con las que se hacen en otros ámbitos (aunque a veces se le ha llamado cooperación al desarrollo a cada cosa...)
Publicar un comentario