A semana pasada presentouse en Vigo o libro de fotografías e o documental do proxecto "Golfo de Fonseca. A loita por un futuro sostible", traballo realizado por Agareso e Amigos da Terra. Acudimos á mesma unha boa parte da sede de Vigo e poidemos aprender moito sobre lugares moi próximos aos que os nosos compañeiros dos grupos de Desenvolvemento Rural e Auga centran os seus proxectos. Concretamente no documental introducíanse problemáticas e cuestións do día a día das comunidades de pescadores nas beiras no Golfo de Fonseca. Entre elas:
- a falta de coordinación entre os países do Golfo (El Salvador, Nicaragua e Honduras) á hora de establecer ás vedas, as cales non son coincidentes no tempo. A consecuencia de esto é evidente: non existen períodos de rexeneración das especies no Golfo;
- o impacto que ten sobre a pesca en xeral e sobre as técnicas de pesca artesanais o emprego de técnicas invasivas como os explosivos;
- como os pescadores se agrupan en cooperativas para tratar os problemas de maneira conxunta;
- a contaminación producida polos fertilizantes que se botan dende avionetas sobre campos próximos ao Golfo.
1 comentario:
Qué ben que vos pasástedes por alí! E un moi bo xeito de ir coñecendo a zona...
Publicar un comentario