23 jun. 2011

Proxecto Ríos - Maio 2011

O pasado 7 de maio (que diredes vós “Uh! Pero xa choveu!” e digo eu “Pois si, e máis bastante”) un grupo de 12 persoas (Helena, Belén, Sofía, Concha, Carmiña, Kike, Roberto, Andrés, Felipe, Manuel, Guillermo e Javi) dirixímonos ao Río Tambre ao seu paso por Chaián co fin de facer un “estudo” sobre a fauna, flora e condicións do río na zona como actividade do xa coñecido “Proxecto Ríos”.


Para os que pensabamos no recurrente “Maloserá!” cando nos preguntabamos se chovería, desta vez o tópico non serviu de moito, pois choveu o habido e por haber e mesmo nos chegamos a plantexar se sería viable ou non seguir adiante coa “aventura”.



Aínda así, decididos e con moitas ganas puxémonos mans á obra e comezamos coa exploración e identificación das prantas, insectos e demais que podían verse nas dúas beiras do río. Hai que dicir que foi de moitísima axuda a presenza dunha enxeñeira de montes (Sofía) no equipo así como de contar coa sabiduría e experiencia aportada por Belén.


Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica do que puidemos ver:














Ademais, tivemos o pracer de contar coa presenza dun Sapo, que digo UN, foi O Sapo!!


O curioso xeito de medir o caudal do río tamén foi algo que causou sensación.... mesmo houbo quen caiu do impresionante do método! (vale, non foi por iso, foi porque as rochas esvaraban, pero ben puidera ser pola impresión!). Ademais, tamén houbo quen tivo que botar man do recoñecemento de voces para dar co resto do grupo ao outro lado do río. Por outra parte, outra actividade que nos gustou a todos foi cando nos achegamos máis ao río e vimos os insectos na zona, ademais de medirmos parámetros tales como o pH, os nitratos ou o osíxeno disolto na auga para comprobar se estaban dentro do rango.














Despois de toda unha mañá sen descanso, chegou o gran momento, o que todos esperabamos.... a EMPANADA!!




E pra rematar, logo dunha máis ca gratificante xornada tocaba volver pra casa, iso sí, con moitas ganas e repetir en breves a experiencia.


3 comentarios:

Sergio dijo...

Parece que o sapo foi a estrla indiscutible do evento, jejeje.

Brais Alonso dijo...

Moi boas!

Poderiadesme decir o apelido de Sofía? É unha antiga compañeira de forestais e quixera contactala.

Graciñas!!

Anónimo dijo...

hola Brais, manda un correiño a info@galicia.isf.es para que cho digamos, ok?