CONTIDOS
* Blogue de Vida Asociativa
* Blogue Nicaragua
* Blogue Honduras
* Blogue materia de cooperación da UDC
* Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
* Outros canais ISFeros
* Outros enlaces de interese
* Novas publicacións en papel
* E no próximo mes ...
* A ESFrase do mes
BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA
Neste blogue o mes de maio serviu para coñecer como foi o desenvolvemento do curso de TpDH en Lugo (tras 3 anos sen poder organizalo alí). Ademais podedes coñecer diversas actividades de interese que tiveron lugar neste mes nas que ESF participou como o proxecto Ríos en Compostela, a formación para participantes no Programa de Coñecemento da Realidade 2011, o Teño unha Pregunta para Vostede aos políticos de 5 cidades galegas coa Coordinadora Galega de ONGD e unhas xornadas de Economía Sostible en Ferrol coa rede social FerrolTerra. Tamén podedes ver como lles foi ao grupo de sensibilización de Compostela cos postos informativos en distintas facultades e o material que xeneraron e estiveron preparando para a exposición na biblioteca pública Anxo Casal e o ciclo de audiovisual (que tiveron lugar a finais do mes). Podedes coñecer tamén a técnica de ensilado anaeróbico que se emprega en Galicia e unha pequena reflexión sobre a posibilidade do seu emprego en proxectos internacionais de cooperación, así como a situación dos indicadores dos obxectivos de desenvolvemento do milenio que teñen que ver coa auga e saneamento.
Volver
BLOGUE NICARAGUA
Neste mes poderedes consultar ou descargar o Informe de Avaliación Externa da fase II do Programa “Fortalecimento das Capacidades das Comunidades da microcunca do Río Sasle, para una Xestión Sostible dos Recursos Naturais”, e deste xeito ve-las leccións aprendidas que foron consideradas xa na fase III.Volver
BLOGUE HONDURAS
En maio impartiuse a capacitación da personalización de gvSIG para a elaboración de Plans de Manexo de Finca (gvSIG PMF), capacitación que tivo algúns imprevistos que poñen de manifesto a complexidade da transferencia tecnolóxica. No blogue poderedes atopar as causas que provocaron esos imprevistos, as solución que foron adoptadas, e as leccións aprendidas. Con todo, os resultados acadados coa capacitación foron positivos.Este mes tamén celebrouse a Semana do Medio Ambiente. Concretamente no Día da Árbore realizáronse actividades ambientais cos nenos e nenas das escolas de San Francisco de Coray: andarela con muráis e pancartas, cancións, obras de teatro, debuxos en temas de auga e medio ambiente…
Volver
BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC
A piques de finalizar unha nova edición da asignatura “Introducción á Cooperación para o Desenvolvemento”, neste mes poderedes atopar un pequeno resumo sobre os temas tratados na novena e décima sesión como foron a Axuda Oficial ao Desenvolvemento e a Axuda de Emerxencia.
Volver
OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA
- Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
- Wiki de ESF Galicia. En migración, próximamente de novo operativa. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
- Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo!!
- Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
- DESTACADO: Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
- Blog de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
- Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
- Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
- Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
- Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
- Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.
Volver
OUTROS CANAIS ISFEROS
- Proxectos en Sahara. Iniciado por ESF Galicia, pero que agora xa é patrimonio de todo ISF, sendo "alimentado" por membros de Galicia, Aragón, Asturias, Castilla-León, etc.
- ESF Catalunya Blog dos compañeiros de ESF Catalunya.
- ESF Catalunya en El Salvador
- ISF Andalucía en Perú
- ISF Andalucía en Kenia
- ISF Asturias en Angola
- ISF Asturias, sección xuvenil
- Twitter de ISF Asturias
- Grupo de Facebook Federal de ISF
Volver
OUTROS ENLACES DE INTERESE
Auga
- Fondo de cooperación para auga e saneamento (FCAS). Importante coñecelo e vixiar que se aplica axeitadamente nos distintos países.
- The Community Led Total Sanitation (CLTS) approach
Comunicación para o (como) desenvolvemento
- Cuaderno Pueblos: "Comunicación, educación y desarrollo"
- Taller sobre comunicación para la participación
- Cooperación y redes sociales
Consumo responsable
- Las 10 trasnacionales "gigantes y secretas" que controlan las materias primas
- Descubre lo que hace tu banco con tu dinero. Eres cliente, no cómplice
- 6 preguntas sencillas que tu banco debería responderte
Cooperación e ONGD
- Acércate a las "Gentes del Desarrollo": ¡Conoce a Amador! Vídeo 2min 36seg
- Susana. Cuarto capítulo de Gentes del Desarrollo Vídeo. Vídeo 2min 17seg
Educación para o desenvolvemento
- Convocatoria Asamblea Constituyente Red Española de Estudios del Desarrollo
- Las ventajas de tener una avería
- Ecosistemas de aprendizaje y tecnologías sociales [TEDxUIMP]
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
Mundo
- Honduras Open for Business: subasta de república bananera
- En busca del tesoro gallego Esto no es el Congo
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Mecanismo de Desarrollo Limpio (MDL): ¿Y los Derechos Humanos qué?
- Comisión Europea de Medio Ambiente (con distintos informes, o último sobre residuos alimentarios en Europa).
- ¿Cuánto pagan realmente las grandes empresas en impuestos?
Sensibilización
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- Reservas de grano y fenómenos poco probables
- Navegando por los meandros de la especulación alimentaria
- El sistema agroalimentario capitalista no alimenta
- El escarabajo verde - Una "Kasa" en las afueras Vídeo. 27min
- Planeta en venta. Vídeo. 56 min
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Construye tu propio seguidor solar
- Software libre para Gente Pequeña
- Failure reports DESTACADO:informes de erros, se non sabemos ben que é desenvolvemento, polo menos saber que non o é...
Voluntariado
Volver
NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podes solicitalas para préstamo).- Visión Colectiva (somos lo que soñamos). La Cuculmeca.
- Diagnosticar Sistemas. La Cuculmeca.
- Visión individual (soy lo que sueño). La Cuculmeca.
- (Auto)gestión basada en valores. La Cuculmeca.
- La Cuculmeca, echando raíces para el 2020.
- Práctica de la transparencia en la sociedad civil nicaragüense. La Cuculmeca.
- Política de Género y Generacional con Enfoque de Derechos de La Cuculmeca.
- Memoria 2010 do Camiño polo Pacto Galego contra a Pobreza. CGONGD
Volver
E NO PRÓXIMO MES ...
- 1 de xuño: presentación do libro Casas de Palla en Galicia en Compostela
- 5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente
- 8 de xuño: Día Mundial dos Océanos
- 11 de xuño: Xuntanza extraordinaria sobre planificación estratéxica de ESF Galicia en Compostela
- 12 de xuño: Día Mundial contra o Traballo Infantil
- 20 de xuño: Día Mundial dos Refuxiados
Para máis info sobre cursos e eventos consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD
Volver
A ESF-RASE DO MES
Lonxe de lograr a paz, as guerras sempre sirven como aulas e laboratorios onde os homes, as técnicas e os estados de conta se preparan para a próxima guerra.Wendell Berry
Volver
No hay comentarios:
Publicar un comentario