Hoxe temos esta entrada superimportante na blogue corporativo para recordarvos a todos aqueles que participades do mundillo de ESF, activamente ou como espectadores, que esta sábado temos Xuntanza Extraordinaria. A motivación principal da xuntanza é a planificación estratéxica, pero tamén aproveitaremos para tratar outras cousas, unha delas, a vindeira Asamblea da Federación de ISF.
Como non é cousa de atorarnos nun día así "a lo loco", planificamos o seguinte horario. De 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30. De todos xeitos en función dos presentes e dos que confirmen asistencia, podemos modificar a cousa alí mesmiño ao comezarmos.
Entón, sobre a plani temos previsto para este sábado a realización dunha chea de debates, vai ser unha xornada unica e exclusivamente de reflexión, de xeración, intercambio e consolidación de ideas e formas de ver ESF. Unha xornada de pensar!!!
- Hai moito que debater e non teremos tempo de miralo todo, pero de entre os seguintes debates e algún máis tocaremos os máis interesantes. Debatiremos sobre a eficacia dos PICD, anosa comunicación (externa e interna), o papel dos socios, o papel dos voluntario nas asembleas, o modo de nos financiar (a Xunta-dependencia), a necesidade de posicionarnos publicamente como colectivo, o exceso de procedimentación, a flata de planificación, o traballo en rede, a investigación para o desenvolvemento, os pros e os contras dos "dinosaurios" en ESF, o papel da Xunta Directiva, a dependencia das unis, a calidade e o contido da sensibilización que estamos a realizar.
- Ademais faremos unha dinámica para priorizar as reflexións agrupadas nun DAFO que os diversos grupos e o conxunto dos voluntarios traballástedes nos primeiros meses deste ano.
- Se nos sobra tempo poderemos intercambiar algunha outra idea, porque a plani ainda ten moito que dar. Ainda temos que definir as nosas orientacións e a nosa visión conxunta para os vindeiros anos. Xa vos adiantamos que para outubro haberá outra xornada de debate :)
- A renovación dos Estatutos federais
- Novo logo
- Nova sede da Federación
- Novos vogais, e normativa para eles
- Debater sobre representantes federales
- Financiación: estado e problemas varios
- Nova figura de simpatizante federal
Para confirmar asistencia ou calquera cousa, porfa falade comigo (se chegades e está pechado por arriba dádeme un toque e vos abrimos por abaixo).
santi.giron ARROBA gmail.com ou no teléfono 645.452.712.
Biquiños, Santi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario