19 jul 2011

Dinámicas moi construtivas... (sobre o traballo) II

Na mesma reunión de sede de maio, fixemos outra dinámica constructiva aproveitando que estamos co 800 aniversario da catedral de Compostela, pois alá nos decidimos a facer unha... pero non tiñamos non claro o estilo.

Asique nun primeiro momento apostamos polo seguro, o estilo románico, dúas ringleiras de persoas de xeonllos unha fronte ó outra, facendo de columnas para o cal unian as mans levantando os brazos para formar unha “bóveda”. Así obtivemos unha obra moi sólida e estable, moi axeitada tameń para os comezos, é dicir, para estructuras pequenas.




Pero... quixemos evolucionar e empregar outro estilo máis ambicioso, máis amplo e elevado, o gótico. Para eso as persoas agora póñense de pé, formando unha bóveda máis alta e espectacular, para o cal se teñen que estirar o máximo posible e así deixar o corpo a peso sobre as mans unidas coas da persoa que esté enfrente. Este novo estilo é máis cansado para os piares... asique reformulamos o proxecto, e tras cada “piar” sitúase unha persoa, que fará de contraforte. Esta nova disposición, piares e contrafortes, fai que o peso está máis repartido. E de feito se un dos piares falla, mentres se repara, o resto pode soportar a estructura.





Algunhas das reflexións que tivemos foi que a nosa estructura deben adaptarse a súa funcionalidade e se queremos evolucionar o deberemos ter en conta para adaptarnos, xa que para medrar necesitamos tamén máis xente e novas funcións.
Se a estructura medra, os piares non poden con todo o peso, polo que son necesarios os contrafortes. Tamén nos demos conta de que non todos podemos/queremos ser piares.
O deseño debe adaptarse a capacidade da asociación e se este é axeitado aínda que un piar teña que ser reparado, o resto pode aguantar do peso da estructura. Pola contra se temos poucos piares, a estructura será facilmente derribable e incluso se falta algún fará que o resto non poida con todo o peso.

Estas son algunhas pinceladas do que se pode aprender pero anímosvos a que o fagades e saquedes as vosas propias conclusións...

1 comentario:

Sergio dijo...

Xenial a reflexión e a metáfora, jajaja Os super-voluntarios serían aquí as columnas maestras, non? ;-DDDD