CONTIDOS
* Blogue de Vida Asociativa
* Blogue Nicaragua
* Blogue Honduras
* Blogue materia de cooperación da UDC
* Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
* Outros canais ISFeros
* Outros enlaces de interese
* Novas publicacións en papel
* E no próximo mes ...
* A ESFrase do mes
BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA
Neste blogue o mes empezou forte en Vigo coa asistencia á presentación a cargo de AGARESO e Amigos da Terra do Documental Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible, sobre a zona na que traballamos (e que tamén pasamos en Compostela), así como coa crónica da Campaña Apaga o Candil en Vigo. Houbo tempo para a formación das persoas participantes no Programa de Coñecemento da Realidade en 2011 e chamar a atención sobre a importancia de asistir a Asemblea Extraordinaria de ESF para avanzar no traballo na Planificación Estratéxica. Seguindo con crónicas de campañas está a de Compostela "Achégate a coñecer outras realidades" e as actividades de Comercio Xusto e Economía Responsable (coa exposición e xornada de relatorios) en Ferrol. Houbo tamén un par de reflexións sobre o estado da política galega de cooperación ao desenvolvemento tralo enorme recorte do orzamento para programas internacionais de cooperación e o inicio do proceso de trasladar a lexislación de xestión de subvencións estatal a Galicia (esperemos que nos próximos anos haxa algo que xestionar...). Tamén se pode ver a xornada (pasada por auga) no Proxecto Ríos que tivo lugar en maio e, como non, debates, neste caso sobre a Política Agraria Común e un dos que máis opinións suscitou na historia esfeira, o movemento 15M.
BLOGUE NICARAGUA
Este mes poderedes consultar o Informe de Evaluación da terceira fase do Programa Río Sasle co que se pecha esta etapa de actuación de ESF Galicia en Nicaragua. No informe atoparedes as leccións aprendidas que servirán para mellorar as actuacións de desenvolvemento que ESF Galicia está a realizar en Honduras desde o 2010, e para que FIDER e A Cuculmeca, os nosos socios en Nicaragüa, continúen a traballar na zona xa sen a actuación de ESF Galicia. Mais sempre continuará o contacto con eles para denunciar os problemas e as súas causas e para presionar desde Galicia na súa resolución. Esto non é un adeus, e só un ata logo…
BLOGUE HONDURAS
En xuño tivo lugar a segunda reunión proposta polo Consello Nacional de Auga e Saneamento (CONASA), á que asistimos cos nosos socios locais Save the Children Honduras e a Alcaldía de Marcovia para presentar, debatir e reformar as propostas da política de auga do país. Un dos puntos máis controvertidos foi o de considerar as Xuntas e Auga como Empresas. É verdade que as Xuntas de Auga deben ser autosostenibles mediante una xestión de tipo empresarial, mas non podemos esquecer que as Xuntas de Auga son asociacións sen ánimo de lucro.
Neste mes o grupo desfruta dunhas merecidas vacacións tras un novo curso académico da materia de Introducción á Cooperación para o Desenvolvemento.
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
Iniciativas
Políticas e modelos de desenvolvemento
Para máis info sobre cursos e eventos consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD
Martin Luther King
BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC
Neste mes o grupo desfruta dunhas merecidas vacacións tras un novo curso académico da materia de Introducción á Cooperación para o Desenvolvemento.
OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA
- Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
- DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
- Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo!!
- Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
- Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
- Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
- Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
- Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
- Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
- Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
- Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.
OUTROS CANAIS ISFEROS
- Proxectos en Sahara. Iniciado por ESF Galicia, pero que agora xa é patrimonio de todo ISF, sendo "alimentado" por membros de Galicia, Aragón, Asturias, Castilla-León, etc.
- ESF Catalunya Blog dos compañeiros de ESF Catalunya.
- ESF Catalunya en El Salvador
- ISF Andalucía en Perú
- ISF Andalucía en Kenia
- ISF Asturias en Angola
- ISF Asturias, sección xuvenil
- Twitter de ISF Asturias
- Grupo de Facebook Federal de ISF
OUTROS ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
Iniciativas
Mundo
- Dos años del golpe de Estado en Honduras: ¡No pases página!
- Los saharauis hacen de los recursos naturales su nuevo frente de lucha
Políticas e modelos de desenvolvemento
- How can you do influencing work in one party states? Sobre incidencia política.
- Cooperación S.A.
Sensibilización
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- Poco productor para atajar el hambre
- Forest Row, la visión del futuro alimentario de un pueblo en transición
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podes solicitalas para préstamo).- Manual de Campañas para la movilización social ISF ApD
- Educación en tiempo de espera. Un derecho vulnerado para millones de personas refugiadas y desplazadas. ENTRECULTURAS.
E NO PRÓXIMO MES ...
- 5 de xullo: Día Internacional das Cooperativas
- 7 de xullo: Día da Conservación do Solo
- 11 de xullo: Día Mundial da Poboación
- Inicio dun novo proxecto en Honduras co noso socio local CODDEFFAGOLF na temática de soberanía alimentaria financiado pola Xunta de Galicia.
- Comezamos o proxecto de Educación para o Desenvolvemento en Galicia cos compañeiros de Arquitectos Sen Fronteiras tamén financiado pola Xunta de Galicia.
Para máis info sobre cursos e eventos consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
"Aprendemos a voar coma os paxaros, a nadar coma os peixes, pero non aprendemos a arte de vivirmos xuntos, coma irmáns".Martin Luther King
No hay comentarios:
Publicar un comentario