5 sept 2011

Resumo blogueiro mensual: agosto 2011

CONTIDOS

    • Blogue de Vida Asociativa
    • Blogue Nicaragua
    • Blogue Honduras
    • Blogue materia de cooperación da UDC
    • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
    • Outros canais ISFeros
    • Outros enlaces de interese
    • Novas publicacións en papel
    • E no próximo mes ...
    • A ESFrase do mes

    BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA


    Neste mes de agosto no blogue asociativo se tocaron un par de temas de bastante interese e actualidade: a importancia do activismo e do "ruído" sobre todo tempos de silencio, e o debate sobre diferencias entre tecnoloxías apropiadas ou axeitadas e o concepto de tecnoloxía para o desenvolvemento humano que incorpora ESF nas súas actuacións . Ademais José, que fixo prácticas con ESF na sede de A Coruña, contounos as súas impresións.



    BLOGUE NICARAGUA


    Este mes non se rexistrou movemento neste blogue tras ter ido pechando as actividades neste país, se ben algunha que outra entradiña todavía se vaia facendo antes de pechalo indefinidamente.





    BLOGUE HONDURAS

    Así como de actividades en Galicia agosto foi un mes tranquilo na asociación, en Honduras si foi un mes intenso de traballo, xa con Víctor, o novo expatriado, cos mandos "do timón" e a emotiva despedida de Mireia, a nosa expatriada durante máis de 3 anos que seguirá co seu bo facer en El Salvador cos compañeiros de ESF Catalunya. Desexámoslle todo o mellor e sabemos que parte dela seguirá sendo esfeira. Tamén se pode ver no blogue unha preciosa entrada sobre árbores hondureños, unha presentación da xente que forma actualmente o grupo de voluntariado de Auga Honduras, así como a presentación do novo proxecto que está a comezar en Honduras coa Soberanía Alimentaria como eixo principal coas 150 familias coas que se traballará. Tamén se conta como foi o obradoiro nacional de preparació do VI Foro Mundial da Auga onde ESF tamén participou, e quedou tempo mesmo para reflexionar sobre o Golpe de Estado do que xa pasaron máis de 2 anos...




    BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC


    Continuou a inactividade neste blogue, co grupo recargando as pilas para o inicio do novo curso.




    OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

    • Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
    • DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
    • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo e participade!!
    • Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
    • Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
    • Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
    • Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
    • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
    • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
    • Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
    • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.



    OUTROS CANAIS ISFEROS




    OUTROS ENLACES DE INTERESE


    Auga


        Comunicación para o (como) desenvolvemento



            Consumo responsable


                  Cooperación e ONGD



                    Educación para o desenvolvemento


                        Iniciativas


                          Mundo


                            Políticas e modelos de desenvolvemento


                                Sensibilización


                                Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


                                      Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


                                          Tecnoloxía para o desenvolvemento humano




                                          NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

                                          (se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podes solicitalas para préstamo).

                                          • 150 preguntas sobre el nuevo desorden. Carlos Taibo





                                                  E NO PRÓXIMO MES ...




                                                      Para máis info sobre cursos e eventos consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD






                                                      A ESF-RASE DO MES

                                                      Val máis unha terra con árbores nos montes que un Estado con ouro nos Bancos.
                                                      Alfonso R. Castelao


                                                      No hay comentarios: