18 oct. 2011

ESF Galicia no Foro Unirede

O pasado sábado día 15 estivemos compartindo experiencias exitosas de comunicación 2.0 noForo Unirede
Comentar que nos estabamos como representantes do eido da acción social, que posiblemente sexa o que máis retrasado vai nesta temática, e se notou por exemplo en que nos obradoiros seguintes a mesa redonda o único que non acadou participantes suficientes para levalo a cabo foi precisamente o de acción social. Creo que tamén influiu que este sector era o máis "distinto" aos outros que se tocaban, que tiñan quizais un enfoque algo máis de tipo empresarial-emprendedor, o cal non ten todavía en Galicia o eido da acción social (que si podería ser emprendedora e innovadora, polo menos empregando a tecnoloxía para os seus fins de equidade e xustiza social, e protección das persoas máis vulnerables). Era complicado que xente interesada acción social asistira a un evento de estas características cando o resto dos temas eran máis de tipo turismo, gastronomía, emprendedores empresariais, etc. Unha pena, pero estas cousas van despacio...

Dende ESF comentamos precisamente o feito de ser elexida como boa experiencia en comunicación 2.0 de entidades de acción social nos chamara a atención (aínda que como alguén máis comentó da súa experiencia, ao ser pequenos e ir mellorando parece que somos a caña...).
Falamos brevemente de qué é ESF, a que se dedica, o feito de formar parte dunha Federación. Despois, sobre internet, se foron mostrando brevemente algunhas das ferramentas para a mellora da comunicación que se impulsan dende ESF tanto por una razón de transparencia, como polo feito de querer converterse nunha fonte de información en si mesma e de interactuación coa súa base social e a cidadanía en xeral (o tempo estaba moi medido, apenas 15 minutiños, a pena foi que logo non houbo nin espazo para as preguntas):
- primeiro a páxina web (moito máis estática e 1.0, que non reflexaba a dinámica da asociación, e segue sen facelo aínda que se logrou incluir as actualizacións de blogue e twitter)
- despois, con motivo dos programas internacionais de cooperación, os blogues en El Salvador, Nicaragua, Sahara e máis tarde Honduras. Non comentamos o caso do Sahara de como ao rematar o noso traballo alí o blogue segue alimentado polas otras ISF que seguen no terreo, vaia!!
- Posteriormente o blogue de vida asociativa e o da asignatura, moi activos.
- Outros medios que surxiron sobre todo arredor dos blogues (youtube, slideshare, podomatic)
- Xa en 2009 o facebook e twitter de ESF, moi activos dende aquela e conseguindo pouquiño a pouquiño máis interaccións e seguidores (aquí queda moitísimo espazo de mellora, pero os medios son os que son...).
- Rematamos mencionando e mostrando a wiki de ESF, e dentro dela o apartado onde se define nun cuadriño a "liña editorial" e uso dos distintos medios de comunicación esfeira. 

Rematamos esbozando un par de debates que estanse a dar no eido comunicativo en ESF:
- O feito de que para unha asociación de voluntariado coma nós teña máis interese que o uso dos medios 2.0 esté dinamizado por distinta xente (se ven haxa persoas máis adicadas a iso), pero sen unha figura de "community manager" que poida ter demasiado protagonismo (o cal nalgúns dos medios como facebook dase algo máis pola propia dinámica do medio).
- O proceso de integración da comunicación 2.0 de ESF Galicia coa Federal, que pensamos que deben ter alcances distintos e deben complementarse, pero non sustituirse nin unirse.

Consideramos que este espazo en Foro Unirede foi moi interesante tanto polo feito de promover o uso da tecnoloxía na promoción do desenvolvemento como por poder falar de acción social ante máis de 150 persoas nun eido ao que non soe chegar este tema como é o de innovación e tecnoloxía 2.0. Agradecementos desde aquí ao gran traballo das persoas da organización e patrocinadores.

No hay comentarios: