4 nov 2011

Proxecto Ríos: Este domingo imos ao Tambre, apúntaste?

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Basease na realización de inspeccións nos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local co obxectivo final de facerse responsables da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade. As inspeccións lévanse a cabo como mínimo dúas veces ao ano, obténdose así datos que serán subministrados a ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) de xeito que son recollidos nunha base de datos accesible para todo o mundo.

Enxeñería Sen Fronteiras ten adoptado un tramo do Río Tambre e, logo da saída feita no pasado mes de maio ( http://esfgalicia.blogspot.com/2011/06/proxecto-rios-maio-2011.html ), toca facer a segunda inspección anual da zona! O vindeiro domingo 6 de novembro é o día escollido. Identificaremos a fauna e flora presentes no río e nas súas beiras, tomaremos medidas de caudal, de contido en osíxeno, en nitratos e noutros compostos que nos poidan dar unha idea da calidade da auga, vertebraremos moito moito e faremos unha morea de cousas máis!

Anímaste a vir? Agardámoste!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Qué ganitas de río!!! =)

Carminha dijo...

Siii! Hai que levar roupa de abrigo, que dada a nosa puntería co tempo temos temporal asegurado!! :D